Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GaliciaTIC suma novos apoios e ultima o seu programa
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GaliciaTIC suma novos apoios e ultima o seu programa

Redacción
Publicado: 13/09/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cidade_cultura_galiciatic.jpgGaliciaTIC, o evento galego sobre novas tecnoloxías da información, está a piques de chegar á súa 14 edición. A cita será o 22 de setembro na Cidade da Cultura de Santiago, baixo o lema Transformación dixital para unha competencia global. O gran obxectivo desta edición 2016 é indagar o potencial das revolucións tecnolóxicas para impulsar o noso tecido empresarial e industrial cara a modelos de meirande eficiencia, sustentabilidade e rendemento. Por certo que estes días puidemos saber de novos apoios (por exemplo o de Hewlett Packard Enterprise, o do Centro Tecnolóxico Gradiant ou do Centro de Investigacións TIC da Coruña, o CITIC) e, tamén, de todos os detalles relativos ao programa.
Entre os patrocinadores confirmados do evento atópanse Banco Sabadell, Deloitte, Edisa, Emetel, Fujitsu, Imatia, Itelsis, Ayco, Qindel, Oracle, Televés, Hewlett Packard Enterprise, CouncilBox e UNProject. Haberá relatorios, mesas temáticas e actividades de achegamento ás últimas tendencias TIC mundiais, amais dunhas innovadoras xeiras de debate tecnolóxico con formato de ring de boxeo. Amais dos devanditos apoios, contarase co respaldo do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), a asociación Ineo (asociación galega de empresas tecnolóxico-dixitais), o Centro Tecnolóxico Gradiant, o Centro de Investigación TIC da Coruña (CITIC), a Universidade de Vigo e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, AMTEGA. Por certo que a maiores das ditas entidades colaboradoras nas xornadas pasadas sumáronse os de GoEmprende (Rede Business Angels de Castela A Mancha) e MyAngelTIC (rede de investidores de proxectos innovadores e tecnolóxicos).
Respecto do programa, a inauguración correrá a cargo de Mar Pereira, directora de AMTEGA. Contarase para a sesión oficial de apertura de actividades (prevista para as 9.30 horas) coa presenza de Giovanni Giardina (Ineo) e Miguel Merino (Universidade de Vigo). A continuación Futijsu falará de Os retos do Big Data e a Transformación Dixital Auditorio, e, un pouco máis tarde Deloitte debullará a seguinte cuestión: Os retos da transformación dixital dende o punto de vista da ciberseguridade. Podemos ver o programa por enteiro, en todos os seus detalles, accedendo a www.galiciatic.com/programa2016.
Start-Up Battles
Entre as actividades previstas (amais de conferencias e mesas redondas participativas) hai unha iniciativa que é unha innovación en si mesma. Trátase das Start-Up Battles, presentacións de novos proxectos tecnolóxico-dixitais a desenvolver sobre un escenario a todas luces orixinal: un ring de boxeo.
start-up_battles_galiciatic.jpgSegundo informan os organizadores de GaliciaTIC, as Start-Up Battles son desafíos cara a cara mediante “combates dialécticos divertidos e informais”, sobre diversas temáticas e cuestións clave no ámbito do emprendemento TIC e levados a cabo entre dous duelistas con posicións enfrontadas. A idea é permitir que os asistentes se aproximen ao máximo ás diferentes temáticas tratadas, facilitando que tiren as súas propias conclusións ao serlles achegados dous puntos de vista diferentes e poñendo en xogo, desta maneira, un duplo ingrediente enriquecedor.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?