Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Instituto Tecnolóxico de Galicia festexou os seus 25 anos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Instituto Tecnolóxico de Galicia festexou os seus 25 anos

Redacción
Publicado: 13/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

itg_aniversario.jpgEste martes celebrouse o acto conmemorativo do 25º aniversario do Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG), que tivo lugar pola noite no Salón Arao de PALEXCO, ao que acudiron 500 persoas. Segundo fixo saber Antonio Couceiro, presidente do ITG, a institución defínese como unha “fundación sen ánimo de lucro cuxo fin non é outro que incrementar a capacidade competitiva da nosa contorna e contribuír ao progreso económico e social de Galicia, a través da tecnoloxía e a xeración de coñecemento”. E indo ao encontro en cuestión, este inaugurouse coa proxección dun vídeo no que se fixo un percorrido polo pasado e o futuro do Instituto.
A xuntanza contou cunha ampla e plural representación institucional: o alcalde da Coruña, Xulio Ferreiro; o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay; o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde; o reitor da UDC, Julio Abalde; o presidente da Deputación, Valentín González Formoso; e o almirante do Arsenal de Ferrol, Francisco Javier Romero Caramelo. Amais de empresarios dos sectores aeronáutico, enerxético, financeiro e do eido das Tecnoloxías da Información e a Comunicación.
itg_aniversario_2.jpgO presidente do ITG, Antonio Couceiro, sinalou que en sociedades avanzadas, como a nosa, un sistema de I+D+i non funcionaría sen organizacións como o ITG. Couceiro fixo un repaso e subliñou que pasaron de introducir o correo electrónico a desenvolver complexos proxectos no ámbito da nanotecnoloxía; de facer as primeiras páxinas web, a deseñar sistemas intelixentes capaces de decidir a resposta dunha gran cidade; de publicar un catálogo de usos da madeira, a liderar o mercado nacional da sustentabilidade na edificación; e de loitar por consolidar a institución a presidir a Federación Española de Centros Tecnolóxicos.
Antonio Couceiro amosouse convencido de que “non será posible afrontar os retos da nosa sociedade do benestar sen a necesaria transformación do noso modelo produtivo cara a un modelo intensivo en innovación. Os centros tecnolóxicos serán protagonistas como xeradores de investigación aplicada, transmisores de tecnoloxía e indutores de investimento en I+D, por parte das empresas”.
itg_aniversario_3.jpg Ao longo da noite tamén houbo tempo para as homenaxes, aos oito ex-presidentes do Instituto nestes 25 anos: Ángel Monteoliva Ramos (a título póstumo, representado pola súa viúva, Elena Díaz Eimil); José Manuel Rey Pichel, Juan Manuel Páramo Neyra, Ramón Molezún, Alfonso Fariña (tamén a título póstumo, en cuxo nome acudirá a súa filla, Celia); Ángel Fernández Armesto, José Manuel Hermida-Cachalvite e Gabriel López-Companioni.
Engadir que todos recibiron unha escultura do artista coruñés Miguel Couto.
O acto, presentado polo xornalista Pablo Portabales, rematou coas intervencións do presidente da Deputación, do conselleiro de Economía, Emprego e Industria e do alcalde da Coruña seguíndolle un cóctel de peche.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?