Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A nova versión de Gnome estará dispoñible ao 100% en galego
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A nova versión de Gnome estará dispoñible ao 100% en galego

Redacción
Publicado: 14/09/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gnome-3.jpgO equipo de tradución ao galego para o proxecto Gnome (o popular ambiente de escritorio multiplataforma para equipos con sistemas libres Unix baixo tecnoloxía X Window) vén de anunciar que xa está en preparación a seguinte entrega da ferramenta, a versión 3.22, e que está manterá o nivel do 100% de tradución ao galego. Con esta impecable taxa de adaptación á nosa lingua garantirase o nivel acadado para o anterior lanzamento da contorna de escritorio. Por certo que o desenvolvemento da tradución pódese consultar na páxina do equipo de internacionalización para o proxecto Gnome.
A adaptación ao galego, polo tanto, abranguerá todas as novidades propias da nova optimización do programa. Por certo que a versión 3.22, tal e como puidemos saber o pasado mes de marzo, está previsto que se achegue á comunidade de usuarios este mesmo mes de setembro. Incluíra melloras importantes na execución de aplicacións web (a través de Epiphany) ou, tamén, na compatibilidade coa Web e co paquete ofimático LibreOffice.
Segundo nos lembra Mancomún, o equipo de tradución ao galego está coordinado por Fran Dieguez e integrado por un total de nove membros con diferentes niveis de dedicación. O grupo, ademais, é un grupo cen por cen open source no seu xeito de traballar, xa que está permanentemente aberto á colaboración de usuarios e desenvolvedores para botaren unha man na revisión e na actualización da documentación base das aplicacións. Para isto, dispón dunha serie de manuais de introdución aos procedementos de tradución de Gnome para orientar aos novos colaboradores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?