Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea fai realidade unha plataforma TIC educativa para coidadores de persoas con demencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea fai realidade unha plataforma TIC educativa para coidadores de persoas con demencia

Redacción
Publicado: 14/09/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

balidea_maiores.jpgA empresa galega Balidea, adicada ao sector das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC), vén de anunciar o desenvolvemento da plataforma de cloud-learning do proxecto europeo UnderstAID, financiado a través do programa Active and Assisted Living (AAL). Trátase dunha proposta de aprendizaxe adaptativo para emprestar asistencia a persoas coidadoras informais de doentes con demencia, pois a tarefa do coidado de doentes ten un gran impacto na vida da persoa coidadora, implicando trastornos físicos e psicolóxicos (fatiga, desordes do sono, ansiedade, depresión…), sobrecarga ou mesmo illamento social, o que repercute á súa vez na atención achegada ao seu familiar enfermo.
Esta plataforma TIC educativa e de apoio en liña quer facer máis doada a súa vida de xeito personalizado, centrándose nas súas necesidades actuais e situacións futuras.
Indo á plataforma en si, cómpre dicir que consta de tres conceptos básicos: tecnoloxía, contidos personalizados e mobilidade para a aprendizaxe en liña dende calquera lugar e dispositivo (smartphones, tabletas, PC”s).
Para o desenvolvemento dos seus elementos diferenciais creouse un consorcio de entidades, cun equipo multidisciplinar de expertos. Médicos e especialistas en demencia encargáronse de definir e construír os contidos; pedagogos, sociólogos e expertos en e-learning participaron no seu enfoque e a definición dos modelos de aprendizaxe; e Balidea realizou a construción da plataforma tecnolóxica.
A dita aplicación achega información personalizada, unha canle de comunicación con profesionais expertos, unha canle de comunicación con outras persoas en situacións semellantes e diferentes funcionalidades de apoio (xestión de eventos, alarmas, recordatorios, posibilidade de compartir material, etc.).
Durante o proceso de desenvolvemento desta iniciativa, que durou 3 anos (2013-2015), realizáronse probas e validacións mediante unha experiencia piloto con corenta familias de España, Dinamarca e Polonia. Finalizada a ferramenta, entra agora en fase de comercialización.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?