Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA e IBM lévannos da man aos segredos da tecnoloxía cognitiva
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA e IBM lévannos da man aos segredos da tecnoloxía cognitiva

Redacción
Publicado: 14/09/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ibm_watson-2.jpgO Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) e a multinacional IBM van organizar o vindeiro 19 de setembro un obradoiro sobre o uso de tecnoloxías cognitivas para permitir aos desenvolvedores que traballan na nosa terra (en empresas e institucións de investigación) afondar nas potencialidades destes recursos TIC. Estas tecnoloxías cognitivas, como lembraremos, son un dos puntais da andaina presente e futura de IBM (de onde xorde precisamente o seu sistema Watson, un dos sistemas informáticos mundiais con meirande capacidade para o procesamento datos en tempo real, senón o que máis). O obradoiro inclúe unha parte práctica para que os asistentes poidan experimentar e probar a súa utilización. O acceso é aberto e de balde.
A actividade desenvolverase na sede do CESGA no Campus Sur de Santiago a partir das 10.00 horas. Terá unha duración de catro horas. O seu obxectivo concreto é “presentar as capacidades das tecnoloxías cognitivas Watson e Bluemix de modo práctico”. Os asistentes terán a oportunidade de probar estas tecnoloxías de primeira man. A xornada vai dirixida, sobre todo, a técnicos de empresas, investigadores e desenvolvedores en Galicia con interese na creación e deseño de solucións baseadas nestas tecnoloxías. A axenda abrangue unha vertente teórica (que é Watson, solucións cognitivas, casos de uso, o funcionamento de Bluemix) e outra práctica para probar a fondo e “saborear” estas tecnoloxías (como acceder a Bluemix e aos seus principais compoñentes, desenvolvemento e aplicacións en Bluemix, servizos Watson en Bluemix, etc).
A relatora do obradoiro será Ana Isabel Rodríguez García, arquitecta de solucións TI e experta no deseño e asesoría de proxectos e equipos de traballo, amais de especialista en arquitectura de empresa e aplicacións, estratexias tecnolóxicas, sistemas de información, integración e desenvolvemento de aplicacións.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026
atlanttic_guardian_the_mind.jpg
Actualidade

O labor tecnolóxico da UVigo pola investigación contra o alzhéimer, recoñecido por AFAGA

27/11/2026
Actualidade

Culturgal abre as súas portas con 200 actividades, 800 artistas e a ollada posta no universo gamer

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?