Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á aposta dos concellos galegos pola Administración electrónica á vez que damos conta da vindeira celebración de diversos eventos como o Tek-Fest, a Galicia Maker Faire ou GaliciaTIC 2016.
Tamén destacamos outros temas como:
– O COETG-AETG dá a coñecer os galardoados nos Premios das Telecomunicacións
– Telefónica anuncia novas Lanzadeiras de Emprego para a nosa terra
– Gradiant, punta de lanza do desenvolvemento da Industria 4.0
– Medio Ambiente lanza ferramenta para facermos comunidade arredor da paisaxe
– Aberta a convocatoria para participarmos en Connecting for Good Galicia
– En outubro poderemos consultar en liña o estado no que se atopan os nosos procesos xudiciais
– Balidea amosa a súa vertente solidaria cos nenos afectados por Chernóbil
– O CPETIG organiza en setembro unha nova edición da Xornada de Informática Xudicial
Novo número da nosa edición impresa
Compartir Este Artigo
