Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O experto en design thinking Federico Lozano impartirá obradoiros na EE de Telecomunicación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O experto en design thinking Federico Lozano impartirá obradoiros na EE de Telecomunicación

Redacción
Publicado: 27/09/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_lozano.jpgA Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo vai acoller a partir da vindeira semana a un dos expertos máis referenciais do panorama internacional en materia de design thinking. Falamos Federico Lozano, profesor na Universidade Norueguesa de Ciencia e Tecnoloxía amais de consultor e formador de empresas e institucións a través dunha start-up de seu: Pracademy. Lozano, mexicano pero neto de galegos, visitará a Escola de Telecomunicacións para impartir dous obradoiros: un o luns día 3 de outubro para o alumnado do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación de outro os días 4 e 5, organizado pola Escola en colaboración coa asociación Ineo, destinado a directivos, emprendedores, xestores de proxectos e persoal investigador.
Segundo informa a Universidade, da man de Lozano os asistentes terán a oportunidade de emprestar máis atención á experiencia humana do labor innovador e tecnolóxico, non tanto aos aspectos máis puramente técnicos ou teóricos. E farano “a través da adopción de ferramentas por tradición empregadas na antropoloxía como a observación, as entrevistas cualitativas e a inmersión empática, ao que cómpre engadir técnicas de visualización e creación de ideas tradicionalmente implementadas no eido do deseño”. O propio Lozano engade que as ferramentas de deseño tradicional son de utilidade noutros ámbitos porque “axudan a individuos altamente analíticos, lóxicos e estruturados como, por exemplo, xestores de negocios e enxeñeiros, a usar máis do usual o lado dereito dos seus cerebros, que é o máis creativo e o intuitivo, onde nacen a paixón, a emoción e a maioría dos flashes de iluminación”,
Segundo engade Lozano, esta vontade de ceibar de ataduras os contidos tamén se vai aplicar á forma. De feito, boa parte das actividades dos obradoiros levaranse a cabo nas rúas de Vigo e non nas aulas das universidade, “de xeito que o alumando poda percibir que a exploración, o entretemento e a aprendizaxe van de man en man e a innovación non é algo que pasa só en obradoiros secretos en Silicon Valley, ou na mente de personaxes máxicos como Steve Jobs o Nikola Tesla”.
Por certo que o profesor está a participar no proxecto europeo Eramus+ DiamonDT, no que toma parte a Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo, co obxectivo de introducir o design thinking nas escolas europeas de enxeñaría.
O alumnado do Máster en Enxeñaría de Telecomunicación poderá asistir de xeito gratuíto ao obradoiro do luns 3 de outubro, mentres que os días 4 e 5 terá lugar o segundo dos cursos, destinado, neste caso, a profesionais alleos á Universidade, que deberán formalizar a súa inscrición. A eles sumaranse as e os participantes do programa INCUVI-Emprende e os estudantes coas mellores cualificacións na materia Laboratorio de proxectos, que se imparte no cuarto curso do Grao de Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación, centrada na realización de proxectos que remata na feira demostrativa LPRO Days, e ao que a Escola convidou a participar.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?