Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Galicia Open Future acelera un proxecto para pór freo ao roubo de cobre no ámbito eléctrico: Acute Cable
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Galicia Open Future acelera un proxecto para pór freo ao roubo de cobre no ámbito eléctrico: Acute Cable

Redacción
Publicado: 28/09/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

acute_cable.jpgO centro de crowdworking que Telefónica impulsa en Santiago, Galicia Open Future, é hoxe unha fonte de recursos para un mundo mellor conectado, máis seguro e con empresas e institucións mellor xestionadas e sustentables. Un exemplo disto é a tecnoloxía que está a despregar o proxecto Acute Cable, con sede na dita aceleradora do monte Gaiás e impulsado por dous emprendedores galegos: Óscar Valcuende (A Coruña) e Marcos Balboa (Lugo). Trátase dun sistema enfocado a evitar o roubo de cable de cobre en instalacións eléctricas, unha práctica delitiva que leva anos presentándose como un problema de gran calibre para empresas e administracións (basicamente un furado por onde se perden importantes investimentos, esforzos, recursos e xeiras de traballo). O sistema tamén achega solucións que melloran a eficiencia enerxética.
Máis en detalle, Acute Cable posibilita facer seguimento dende diferentes dispositivos das redes de iluminación a través dun chip que se coloca nos farois e que vai fornecendo en tempo real información sobre o seu estado á cabeceira. Desta forma, pódese coñecer de forma exacta cando e onde se produce unha avaría ou incidente (os farois están xeoposicionados) e realizar a continuación o labor preciso de mantemento correctivo.
acute_cable_logo.jpgA tecnoloxía, a maiores, permite aforros enerxéticos das 25% grazas ao control da intensidade, entre outras vantaxes. Neste intre, segundo nos lembran os seus desenvolvedores, o proxecto está a espertar o interese dun bo número de empresas construtoras, parques industriais, urbanizacións de veciños e administracións, co fin de optimizaren o control e a xestión das súas redes de alumeado público.
A maiores, a finais deste mes, está previsto que os impulsores da iniciativa realicen unha proba piloto no concello de Sada.
As orixes
Segundo fan saber os seus creadores, Acute Cable xorde da unión de dous proxectos, un de eficiencia enerxética e outro de urbanismo. A intención foi achegar, a través desta fusión e dunha vontade clara de fornecer tecnoloxías de utilidade, pioneiras e específicas, unha solución real ao roubo de cobre, “un problema que administracións e empresas non eran quen de solucionar”. Os impulsores do proxecto engaden que detrás deste recurso tecnolóxico houbo un importante traballo de desenvolvemento de aplicacións propias, utilidades en materia de aforro enerxético, seguridade viaria, vixilancia e información a través da Rede.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?