Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Uxianet quece motores para os seus catro días de celebración en Ribeira
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Uxianet quece motores para os seus catro días de celebración en Ribeira

Redacción
Publicado: 11/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uxianet_h.jpgXa vai quedando pouco para a que sen dúbida é unha das grandes citas informáticas da tempada na nosa terra: Uxianet edición 2016. De feito, a xuntanza en cuestión (unha cita para seareiras e seareiros das novas tecnoloxías na que intercambiar recursos, habilidades, información, trucos e mesmo equipos tecnolóxicos) comeza este xoves 12, mantendo as portas abertas ata o domingo 16. Segundo destaca a organización (o Concello e a asociación Birus) este ano o programa de actividades vén cunha importante novidade: a ampliación de tres a catro días de celebración.
O máis salientable do encontro foi dado a coñecer este martes no consistorio por pola primeira tenente alcalde do Concello, Fabiola García, que estivo acompañada por Gustavo Llovo e Fernando Ferro, integrantes da asociación Birus (que se adica este ano a cubrir os aspectos máis técnicos da xuntanza). Segundo fixeron saber, a party celebrarase un ano máis na Casa da Xuventude, dando comezo os xoves a partir das 10.00 da mañá. Tamén lembraron que para esta edición habilitáronse 100 prazas, ás que hai que sumar outras 20 reservadas para a organización.
“Do tirón do evento”, sinalou Fabiola García, “dá conta o feito de que en tan só un minuto dende a apertura das inscricións online cubríronse a metade das prazas convocadas e pouco tempo despois completouse o aforo”.
Haberá participantes de toda Galicia e tamén de Sevilla, Valencia e as Illas Baleares.
A cita estará composta de dúas partes diferenciadas. Así, en primeiro lugar haberá a denominada Intranet, reservada para os inscritos e os seus equipos informáticos, que poderán compartir arquivos ou xogar en rede cunha velocidade de un xigabyte, ademais de ter a oportunidade de participar nunha serie de parties preparadas pola organización (League of Legends, Heartstone, Trackmania e Counter Strike) e outros xogos “improvisados sobre a marcha”.
Segundo recordaron na presentación, tamén ficará habilitada outra contorna chamada Extranet na que se ofrecerá “un abano de conferencias gratuítas e abertas ao público que se desexe achegar”. Estas charlas (dúas por sesión) celebraranse todos os días a partir das sete da tarde.
O xoves falarase de radiofonía en tempos modernos e de programación; o venres de gamificación no ensino e de xogos de rol e autorrol; o sábado de seguridade informática (un tema que será analizado polo propio Gustavo Llovo e polo avogado especializado Francisco Suárez-Porta Colomer). E polo que se refire ao domingo, haberá relatorios sobre drons e sobre un vehículo submarino que está a ser desenvolvido por unha empresa local.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?