
Alén disto, outra das finalidades que persegue este curso, do que se convocan ao longo do ano tres edicións, é ensinarlles ás e aos participantes a facer un uso ético e legal da información para evitar o plaxio nos traballos académicos, ou sexa, que todo o que se atopa en Internet non é válido e que é necesario citar aos autores para non apropiarse de ideas de terceiras persoas.
Así, dende a Biblioteca fan fincapé nos recursos en liña cos que conta o alumnado dende o catálogo da web da propia biblioteca, pois están á súa disposición e son de balde. Neste curso poderán coñecelos, saber como acceder e de que información dispoñen. Amais presentaránselles outras plataformas de información fiable para certos traballos como Dialnet ou outros buscadores científicos, xa que a maioría da comunidade estudantil cando busca na Rede información adoita facelo a través de Google.
O curso está aberto a todo o alumnado mais está encamiñado de xeito especial aos matriculados nos últimos cursos, a eles achegaránselles competencias no acceso, uso e xestión da información, permitíndolle mellorar as tarefas de clase con vista aos seus traballos de fin de grao ou de mestrado. O prazo de matrícula para este curso virtual remata este domingo 16 de outubro e conta co recoñecemento dun crédito ECTS.
A UVigo amosa ao seu alumnado como facer buscas axeitadas na Rede
Compartir Este Artigo

