Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: AMTEGA, GAIN e a Deputación da Coruña achegan ideas en Bruxelas para a construción das Cidades Intelixentes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

AMTEGA, GAIN e a Deputación da Coruña achegan ideas en Bruxelas para a construción das Cidades Intelixentes

Redacción
Publicado: 13/10/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

20161012_seminario_bruxelas_carlos_vazquez._jpg.jpgA Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), GAIN e a Deputación da Coruña participan estes días en Bruxelas na Semana Europea das Rexións e das Cidades, celebrada en parte na oficina de representación galega na devandita cidade, a Fundación Galicia Europa (FGE). Desenvolvéronse nesta sede dous seminarios, o primeiro sobre as oportunidades das novas tecnoloxías para un envellecemento saudable e o outro sobre as estratexias de especialización intelixente.
Baixo o título Smart cities and communities for all: How to become smart and age-friendly , na primeira das sesións debulláronse os atrancos que impiden, hoxe en día, que as persoas maiores tiren meirande proveito das TIC para acadar maior calidade de vida. Participaron representantes de Amsterdam, Niza, Oslo e Udine en Italia, expoñendo as accións postas en marcha para procurar que os espazos urbanos se adapten ás necesidades das persoas de máis idade. En representación da nosa terra, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) presentou o proxecto Fogares intelixentes que, como lembrou a entidade galega, “utilizará as TIC para asistir á xente maior nos seus domicilios”, proporcionando a este colectivo (un amplo colectivo integrado pola cuarta parte da nosa sociedade) unha plataforma integral que, “mediante a análise da información da contorna dos maiores”, permita prestarlles servizos personalizados, tanto sanitarios como asistenciais. AMTEGA recordou que o Goberno galego “está a traballar na obtención de financiamento de innovación para empregar o procedemento de compra pública innovadora no seu desenvolvemento e posta en marcha”.
O segundo dos seminarios, celebrado baixo o epígrafe Smart Specialization Strategy: from planning to funding, contou coa presenza activa de representantes de Galicia e Norte de Portugal, ademais doutras 10 contornas xeográficas e concellos europeos. O eixe do debate foron as estratexias de Investigación e Innovación para unha Especialización Intelixente (RIS3 nas súas siglas en inglés) que estes territorios están a poñer en marcha como “requisito indispensable” para a recepción de fondos europeos no actual período 2014-2020.
A Axencia Galega de Innovación (GAIN) explicou neste seminario os tres retos e as prioridades temáticas contempladas na RIS3 galega, deténdose nunha das ferramentas de apoio para axudar a empresas e centros de I+D+i a contribuír a ela: a compra pública innovadora. Con este instrumento, a Xunta estimula a implantación en Galicia de sectores de tecnoloxía avanzada. Norte de Portugal presentou, pola súa parte, a súa RIS3 transfronteriza con Galicia, a primeira deste tipo en toda a UE. As rexións italianas de Basilicata, Lazio e Veneto, a provincia croata de Istria ou a rexión sueca de Värmland foron outros dos exemplos mostrados sobre como están a executar as súas RIS3.
Deputación da Coruña
Amais de AMTEGA e GAIN, tamén está presente estes días na Semana Europea das Rexións e das Cidades (EWRC polas súas siglas en inglés) a Deputación da Coruña. Segundo puidemos saber, unha ampla representación de técnicos locais desta provincia (encabezados polo deputado provincial de Promoción Económica e Emprego, José Luis García, e a responsable de Europe Direct A Coruña, Cristina Couto) desprazouse a Bruxelas esta semana para asistir aos seminarios e debates organizados ao abeiro da devandita celebración, en primeira instancia na sede da Fundación Galicia – Europa (FGE).
deputacion_coruna_bruxelas.jpgPara comezar, os técnicos de Arteixo, Camariñas, Cerdido, Ponteceso e San Sadurniño recibiron unha formación sobre como desenvolver as cidades de modo intelixente, as Smart Cities, adaptándoas ás persoas maiores, da man da directora da FGE en Bruxelas, Ana Ramos Barbosa. Ademais, ao abeiro da mostra Regiostars, persoal técnico de Curtis, Cabanas, Abegondo, Narón, Dumbría e San Sadurniño puido coñecer e votar os mellores proxectos europeos nos ámbitos do crecemento sustentable, intelixente e inclusivo.
A Semana, que cumpre a súa décimo terceira edición, prosegue ata hoxe, 13 de outubro, con charlas, obradoiros, debates, visitas e seminarios, centrados no crecemento económico sustentable, a elaboración de políticas económicas inclusivas e os fondos ESI (Fondos Estruturais e de Investimento).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?