Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O congreso de videoxogos e educación que se celebra en Pontevedra acollerá unha game jam de tres días
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O congreso de videoxogos e educación que se celebra en Pontevedra acollerá unha game jam de tres días

Fernando Sarasketa
Publicado: 13/10/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

cive_logotipo.jpgEste mes temos pola banda de Vigo un evento que toca de ben de preto á crecente comunidade galega de desenvolvedores de propostas tecnolóxicas de lecer para fines docentes e divulgativos. Dito doutro xeito e para que se entenda: desenvolvedores de xogos para educar. Falamos da cuarta edición do IV Congreso Internacional de Videoxogos e Educación (CIVE 2016). Celebrarase, tal e como anunciamos este verán dende Código Cero, entre os días 25 e 28 de outubro na Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus da Xunqueira en Pontevedra. Entre os puntos fortes do seu programa destaca sen dúbida unha Game Jam para lanzarnos en colectividade a crear produtos de lecer destinados a mellorar e ampliar as tarefas docentes e, por que non?, para mellorar o mundo.
O Congreso apoiarase sobre catro piares temáticos: o que fará o xogador, as mecánicas do xogo, a estética e a tecnoloxía. A partir de aí, tocaranse cuestións máis específicas como os videoxogos na atención á diversidade, o ensino lúdico, os videoxogos e o desenvolvemento das intelixencias múltiples, os videoxogos e a arte, a realidade aumentada e o seu potencial, os mundos virtuais, a creación e desenvolvemento de videoxogos, etc.
Este encontro está promovido pola asociación de investigadores Alfas, e chegará por primeira vez a Galicia tras pasar por Valencia, Cáceres e Bos Aires.
Como dixemos, de xeito paralelo ao congreso tamén terá lugar unha Game Jam, na que grupos de ata catro persoas (das que como mínimo unha ten que ser un estudante universitario) competirán na creación dun xogo para web e/ou dispositivos móbiles dentro das temáticas propostas ao inicio da actividade.
Obxectivos
O primeiro obxectivo do congreso é “fomentar e facilitar a relación entre académicos nacionais e internacionais que traballan en estudios de deseño e desenvolvemento de produtos de lecer interactivo de educación e formación”. Ademais, búscase estreitar as ligazóns entre as entidades de formación centradas no devandito ámbito tecnolóxico e os axentes da industria.
Tamén se pretende que a mocidade interesada na creación de produtos interactivos de entretemento poidan participar no devandito Game Jam. Esta actividade, que se desenvolve conxuntamente co Concello de Pontevedra, servirá entre outras cousas para impulsar a creación de videoxogos educativos e divulgativos con vontade de “informar, formar, denunciar e simular”. Segundo informa a organización do CIVE poñéndonos en situación, unha game jam é un evento que consiste “na materialización rápida de videoxogos”, na que os participantes reúnense en pequenos equipos “de maneira improvisada e espontánea” para dar forma a un videoxogo nun período de tempo moi limitado competindo uns equipos contra outros. Neste caso concreto, o período de tempo é de tres días.
A competición está dirixida a todo tipo de programadores, deseñadores, artistas, etc. de videoxogos co requisito de que sexan maiores de idade. Cada equipo estará formado por 4 ou 5 participantes. O número máximo de participantes será de 40. O proxecto a entregar deberá ser un videoxogo con “polo menos un nivel operable completo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?