Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: CO2 Smart Tech presentará en MATELEC o seu avanzado software para a xestión integral enerxética
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

CO2 Smart Tech presentará en MATELEC o seu avanzado software para a xestión integral enerxética

Redacción
Publicado: 14/10/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

matelec.jpgCO2 Smart Tech, empresa galega de Enxeñaría e Tecnoloxía, vén de anunciarnos que estará presente no salón MATELEC 2016, especializado en solucións para a industria intelixente e que se celebra en Madrid (IFEMA) do 25 ao 28 de outubro. Durante a celebración deste evento, a firma galega amosará as vantaxes e funcionalidades da súa tecnoloxía Cost-tem, sistema avanzado de xestión enerxética integral que consiste, basicamente, nun software avanzado de seguimento e xestión enerxética unificadora baseado no cómputo na nube. Entre as súas capacidades inclúese a de ser quen de integrar información con orixe en fontes moi diversas, permitindo un control doado, sinxelo e eficaz sobre todas elas.
Estas fontes poden ser sistemas de control (de caldeiras, planta de frío, aire comprimido, etc), equipos de medida e sensores (contadores de enerxía eléctrica, de auga, de vapor, sensores de temperatura, humidade), bases de datos (ERP, sistemas de produción, GMAO) e servizos web (mercado eléctrico, climatoloxía, servizos de terceiros, etc). Segundo informa a empresa galega, a implantación do sistema Cost-tem no tecido industrial e no gran terciario ten como principal obxectivo “a redución, optimización e seguimento de consumos enerxéticos e de recursos, con obxecto de mellorar a competitividade das organizacións”.
Como lembraremos, CO2 Smart Tech é unha empresa galega (con sedes en Oleiros e Bueu) de enxeñaría e tecnoloxía adicada ao desenvolvemento de solucións avanzadas no eido da eficiencia enerxética. Desde a súa orixe no ano 2010 ten desenvolvido unha chea de proxectos en organizacións de referencia a nivel nacional e internacional. Polo que atinxe ao salón MATELEC, é o Salón Internacional de Solucións para a Industria Eléctrica e Electrónica. Este ano desenvólvese baixo o lema Let”s Link-up, avogando pola interconectividade precisa nos procesos industriais de produción, enxeñaría e xestión.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?