Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Vodafone premia a CarCrash.es na I edición dos premios Fast Forward
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Vodafone premia a CarCrash.es na I edición dos premios Fast Forward

Redacción
Publicado: 14/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

carcrash.jpgHoxe Vodafone España daba a coñecer o gañador e os finalistas da primeira edición dos Fast Forward Awards, uns premios a empresas pioneiras que valoran as ideas innovadoras dentro do mundo dixital e que poden servir de exemplo para outros negocios en situacións semellantes. O galardón ao mellor proxecto de dixitalización realizado por unha empresa ou negocio, inserido dentro do programa Fast Forward Sessions, foi para a empresa CarCrash.es, adicada ao servizo de reclamación de indemnizacións de accidentes de tráfico.
Aos fundadores do negocio ocorréuselles a idea tras unha viaxe de lecer por EE.UU. na que observaron a proliferación deste tipo de negocios en Internet e decidiron introducilo en España. Trátase de reclamar a indemnización que lle corresponde a un usuario polo seu accidente de tráfico, todo o contacto cos usuarios é realizado a través de Internet, e salientan polo éxito na uso de ferramentas dixitais e medios sociais para dinamizar o negocio.
En canto aos finalistas desta I edición dos Fast Forward Awards, foron: Crea Robótica (empresa centrada no e-learning de tecnoloxía, programación e robótica) e Wallyboo (plataforma en liña de economía colaborativa para aluguer de material de puericultura entre particulares).
Así, o premio ao gañador entregarase o vindeiro xoves 20 de outubro dentro da xornada de Fast Forward que se desenvolverá en AJE Madrid. Este recibirá un premio valorado en 4.000 euros, equipamento tecnolóxico para o negocio facilitado por Huawei e un asesoramento por parte dun equipo de expertos para seguir desenvolvendo con éxito esa idea, mentres que os dous finalistas recibirán equipamento tecnolóxico para o seu negocio.
Achegándonos un pouco ás Fast Forward Sessions, cómpre dicir que é un proxecto de Vodafone que nace coa vontade de promover o uso das novas tecnoloxías entre as PEME (Pequenas e Medianas Empresas) e os profesionais autónomos para impulsar o seu negocio en internet. O aforo deste encontro está limitado a 100 asistentes e achega un amplo programa con feitura de: relatorios, debates, obradoiros prácticos e encontros de networking.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?