Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo achega 300.000 euros aos concellos para garantir a Administración electrónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo achega 300.000 euros aos concellos para garantir a Administración electrónica

Redacción
Publicado: 17/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dsc_0036.jpgO pasado venres o Executivo da Deputación de Lugo aprobou na Xunta de Goberno os 66 convenios cos 66 concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes do Plan das TIC, programación de cooperación cos municipios a través da cal o organismo provincial concede ás entidades locais fondos para que cumpran coas leis do Procedemento Administrativo Común e de do Réxime Xurídico do Sector Público.
Estas normativas obrigan aos Concellos a contar con sedes electrónicas, rexistro telemático, sinatura dixital, así como ter dixitalizada toda a documentación ou garantir a interoperabilidade entre administracións. É dicir, que entre as mesmas custodien e compartir a información dos cidadáns para non terse que presentar reiteradamente. Ademais, os cidadáns poderán saber en que punto se atopa o seu trámite cun só clic, sen necesidade de desprazarse á administración.

Contidos
  • Programa Innova-TE
  • Non só sedes electrónicas

Programa Innova-TE

O vicevoceiro e Deputado de Innovación, Pablo Rivera Capón, informou dos avances que supoño o programa Innova-TE nos 47 municipios que decidiron sumarse, recibindo entre 3.300 e 9.000 euros en función dun criterio obxectivo de distribución de fondos.
Tamén amostrou o funcionamento dunha das sedes electrónicas posta en marcha a través do programa para exemplificar o que poderán facer os veciños dos 66 concellos que se sumaron ao Plan das TIC antes de finais de ano. Concretamente accedeuse á sede electrónica da Pontenova, que permite aos veciños pedir por Internet unha licenza de obra menor, subvencións, ocupación de vía pública…, entre outros trámites.
De toda a ampla oferta, o Deputado solicitou un certificado de empadroamento. Para esta solicitude é imprescindible dispor dun certificado dixital ou do DNI electrónico. A continuación, e de xeito completamente automático, o portal municipal creou un número de rexistro, informando ao traballador público da solicitude realizada. A través un código de barras o cidadán coñece en que punto se atopa a súa petición.

Non só sedes electrónicas

A través do programa Innova-TE, o Goberno Provincial non só levou ás sedes electrónicas, portais web ou a banda larga aos concellos, senón tamén os dotou de equipamento, ofreceu formación aos traballadores públicos e levou a cabo campañas de sensibilización cidadá. Os fondos deste programa tecnolóxico fixeron posible, ademais, a creación do primeiro Centro de Innovación Social (In Lugo), que ofrece formación gratuíta sobre novas tecnoloxías a unha media anual de 3.000 maiores da provincia; así como do Portal de Transparencia ou a factura electrónica, entre outras moitas iniciativas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?