Un total de 44 empresas TIC galegas recibirán 1,8 millóns de euros do Programa para o fomento da oferta Cloud, convocado polo Ministerio de Industria, Enerxía e Turismo, a través da entidade Red.es, converténdose así Galicia nunha das comunidades con maior número de beneficiarios, o que dá conta da aposta do sector TIC galego polas tecnoloxías de computación na nube.
Este programa de axudas, en cuxa difusión en Galicia colaborou o Centro Demostrador TIC, permitirá as empresas tecnolóxicas galegas desenvolver proxectos de migración ou desenvolvemento de solucións software para PEME baixo a modalidade de Software as a Service (SaaS), cunha axuda máxima de 60.000 euros e mínima de 25.000 euros por beneficiario.
No Diagnóstico sobre a Sociedade da Información en Galicia: Empresas TIC 2015, publicado polo OSIMGA, puxo de manifesto a posta do sector TIC galego pola computación na nube, así o 39,6% das empresas TIC galegas empregan este tipo de servizos e o 44,9% destas, oferta tamén esta tecnoloxía, xerando por este tipo de produtos e servizos un 27,3% do seu volume de negocio.
Provedores TIC galegos recibirán máis de 1,8 millóns de euros do Estado para solucións na nube
Compartir Este Artigo

