
Wekab fálanos no seu vídeo do emprego de diversas solucións na nube, como servizos de CRM, mercadotecnia a través de correo electrónico ou de xestión de documentos. No caso de Cabomar, os seus responsables narran a súa experiencia coa utilización dun sistema de capturas en planta para controlar o proceso e mellorar o sistema produtivo.
Este ciclo, que ten previsto publicar un total de 12 vídeo-experiencias, ten como obxectivo impulsar o emprego dixital e as novas tecnoloxías a través de casos de éxito reais de empregas galegas.
Até o de agora, un total de oito PEME amosaron xa o proceso e as vantaxes de incorporar solucións tecnolóxicas nos seus modelos de negocio. Segundo lembra o Centro Demostrador TIC, “trátase de pezas breves en formato de entrevista, nas que unha persoa da empresa conta en primeira persoa que tipo de solución TIC integrou de maneira satisfactoria no seu negocio e como favoreceu a mellora e o bo funcionamento deste”.
Wekab e Cabomar amosan na Rede a súa frutífera relación coas TIC
Compartir Este Artigo

