Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Mos recunca co seu obradoiro de dispositivos para persoas maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Mos recunca co seu obradoiro de dispositivos para persoas maiores

Redacción
Publicado: 18/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mos_obradoiro_conece_o_teu_mobil_segunda_edicion.jpgO Concello de Mos inicia a segunda edición do seu obradoiro Coñece o teu móbil, dirixido, como o seu propio nome indica, a introducir a veciñanza (facendo fincapé na xente maior) nas principais vantaxes e utilidades duns aparellos que, cos novos modelos intelixentes (smartphones) do mercado a prezos máis ou menos accesibles, van moito máis alá da tradicional funcionalidade de facer e recibir chamadas. Como principal novidade con respecto da primeira achega (que se saldou cun importante éxito de participación), esta segunda convocatoria achega dous grupos formativos: un para iniciar aos participantes e outro de perfeccionamento. Segundo lembra o Concello, trátase dunha iniciativa de balde e directamente encamiñada a persoas maiores de 65 anos residentes en Mos (ou pensionistas maiores de 55 anos).
O grupo de iniciación recibirá clases ata o día 20 de decembro. En horario de martes e xoves de 11.30 horas a 13.00 horas. Neste grupo participan un total de 15 alumnos/as.
O grupo de perfeccionamento, formado por 15 veciñas e veciños, terá clase ata o 21 de decembro, en horario de luns e mércores de 11.30 horas a 13.00 horas. A iniciativa Coñece o teu móbil desenvolverase nas instalacións do centro Multiusos das Pozas. Vén da man da Concellería de Educación e Participación Cidadá que dirixe a edil Kely Monzón.
Pos obxectivos, como dixemos, é incrementar a marxe de uso dos dispositivos entre os maiores de Mos, facendo fincapé nas súas vantaxes comunicativas (cousas como estreitar as ligazóns con familiares, amigos, coidadores ou persoal médico) e nas posibilidades informativas e creativas (conexión á Rede, uso de aplicacións de gran utilidade, acceso a redes sociais e comunidades en xeral, emprego da cámara, etc). Segundo informa o Concello, a idea é desbotar a falsa crenza de que a telefonía móbil é complexa, excluínte e só está ao alcance dos nativos dixitais. O que se busca, polo tanto, é amosar a manchea de prestacións que fornecen os terminais, “cada vez máis doados de empregar”. O obradoiro, por estas e outras razóns, insírese por dereito propio no que se coñece como envellecemento activo (a aplicación de diversas metodoloxías, incluído o uso das novas tecnoloxías da información, para incrementar a calidade de vida das persoas de idade e loitar contra a incomunicación, a desatención ou a soidade).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?