Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPEIG organiza unha xornada sobre o regulamento europeo na salvagarda da información
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPEIG organiza unha xornada sobre o regulamento europeo na salvagarda da información

Redacción
Publicado: 18/10/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

proteccion_datos-3.jpgO vindeiro día 25 de outubro temos cita en Santiago coa información e as máis acaidas metodoloxías para salvagardala e respectala: o que todas e todos os usuarios da Rede debéramos saber para manter a confidencialidade e a privacidade das comunicacións e do coñecemento. Falamos da Xornada sobre o Regulamento Europeo de Protección de Datos, que se celebra na Escola Galega de Administración Pública (EGAP) en horario de mañá. A xornada vén da man do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Contarase coa presenza do catedrático Miguel Ángel Davara como relator. Segundo sinala a organización, aínda que a cita ten contido xurídico, “vai dirixida tanto a non xuristas como a profesionais relacionados co Dereito”. Aquelas persoas que desexen inscribirse poden facelo no seguinte enderezo: eventos@cpeig.gal.
A charla, nun plano máis detallado, versará sobre o Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos (Regulamento xeral de protección de datos). A xornada inscríbese no convenio que o CPEIG mantén coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
Segundo informa o Colexio, a sesión será unha boa oportunidade para afondarmos na nova normativa comunitaria sobre datos, de aplicación en España, e tamén para tomarmos contacto cos procedementos a implantar por parte de empresas e administracións. Tamén será unha maneira de ampliarmos coñecemento en materia de prevención de riscos co obxectivo de evitar unhas sancións que poden chegar ata os 20.000.000 euros ou o 4 por cento da facturación.
Despois da presentación do relator e da xornada, na que participarán a directora da AMTEGA, Mar Pereira; a directora da EGAP, Sonia Rodríguez-Campos; e o presidente do CPEIG, Fernando Suárez, o programa desenvolverase arredor dos seguintes bloques de contidos: o regulamento nos actos xurídicos da UE (significado dun regulamento), cuestións a salientar no regulamento (definicións, principios, dereitos, obrigas do responsable do tratamento, etc) e recursos, responsabilidades e sancións.
Miguel Ángel Davara
Miguel Ángel Davara é doutor en Dereito e socio-fundador da firma de asesores xurídicos Davara & Davara, Asesores Xurídicos, especialistas en Dereito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. Catedrático de Dereito Informático e de Informática para Xuristas da Facultade de Dereito da Universidade Pontificia Comillas de Madrid (ICAI-ICADE), é tamén coordinador da Área de Informática Xurídica de ICADE. Davara é director do Master en Dereito das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións de ICADE e director dos Cursos de Doutorado en Dereito Informático na mesma Universidade. Tamén exerce como profesor da materia Implicacións socio-xurídicas das Tecnoloxías da Información na Escola de Enxeñaría Informática de ICAI. Asemade, o relator é membro do Grupo de Asesores Legais en Tecnoloxías da Información da Unión Europea en Luxemburgo (DG Sociedade da Información).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?