Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Detectado un novo caso de phishing baixo a forma de correos de Abanca
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Detectado un novo caso de phishing baixo a forma de correos de Abanca

Redacción
Publicado: 19/10/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

abanca_phishing.jpgEstes días están a advertir na Rede do que podería ser un novo caso de suplantación dunha entidade dixital para fins delitivos (o que se coñece como phishing). Desta volta, atinxe directamente a Abanca, xa que se trata dunha batería de correos electrónicos falsos que, supostamente procedentes da entidade bancaria, chegan ás bandexas de entrada dos internautas pedíndolles acceder a un enderezo para proporcionar unha serie de datos persoais e reactivaren así a súa conta (en “teoría” desactivada). Este caso de phishing foi descrito xa pola OSI (Oficina de Seguridade do Internauta) como “un falso correo que tenta apoderarse dos nosos datos de acceso para poder operar sen o noso consentimento”.
O email en cuestión, como vén sendo habitual neste tipo de malware, abrangue unha serie de elementos para facelo “verosímil” e “fiable” de non pararnos a lelo con detemento. De feito, malia certas incorreccións de escrita, adopta en parte a forma dun hipotético correo de Abanca.
Sobre o contido, o correo electrónico contén datos simulando ser Abanca e indicándonos que pola nosa seguridade cambiaron o seu sistema electrónico e para poder reactivar a conta teremos que acceder desde unha ligazón que vén incluída no mail. Sobre a metodoloxía a seguir de recibirmos no noso correo este phishing, o máis importante é non premer en ningunha das ligazóns achegadas. Se non o borramos e cometemos o erro de premer e fornecer datos, o máis axeitado é mudar a nosa conta de acceso e poñer sobre aviso a Abanca.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?