Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha mesa redonda organizada pola ICANN abordou a situación dos novos dominios de Internet
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha mesa redonda organizada pola ICANN abordou a situación dos novos dominios de Internet

Redacción
Publicado: 20/10/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

icann_puntcat_img_5944.jpgEste xoves a ICANN organizou na sede da Fundació PuntCAT en Barcelona unha mesa redonda centrada no impacto e as oportunidades creadas pola introdución dos novos dominios de Internet, entre os que figura o .gal, así como nos importantes desenvolvementos que darán forma ao futuro da Rede. Neste foro participaron representantes da European Broadcasting Union (operadores do dominio .radio) e dos rexistros locais .eus, .cat, .barcelona e .gal.
O debate xirou ao redor de como as marcas, as cidades e outras comunidades xeográficas están a empregar os novos dominios de Internet de xeito innovador en beneficio tanto do seu negocio como das persoas e usuarios finais. O representante de ICANN no foro, Andrea Beccalli, comentou que «os novos dominios de Internet teñen todo o potencial para revolucionar o panorama de Internet en España, en particular reforzando as características das diferentes identidades e idiomas do país en Internet».
xuntanza_sede_fundacio_puntcat.jpgEntre as observacións realizadas durante a sesión de intercambio de experiencias entre os rexistros locais, Josu Waliño, director xeral da Fundación PuntuEUS, asegurou que os dominios xenéricos de nivel superior «permiten un novo nivel de liberdade dixital, unha Internet máis aberta, e están, no caso das cidades e rexións, estreitamente relacionadas coa creación dunha comunidade lingüística e cultural», salientando que o proxecto do .eus naceu da sociedade, de aí que é normal que sexan os cidadáns os que estean a facer medrar esta comunidade lingüística e cultural.
Santi Ribera, director xeral de .cat, salientou que os seus dominios de primeiro nivel «son unha ferramenta de marketing moi potente, un identificador e un sinal de identidade que pode beneficiar tanto a empresas como a administracións ou usuarios finais»; mentres que dende a Asociación PuntoGal, Marcus Fernández incidiu en que o desenvolvemento do dominio .gal pode mellorar a presenza da lingua e a cultura de Galicia na Rede.
O xefe de proxecto do dominio .radio, Alain Artero, quixo aportar que o novo programa de dominios de primeiro nivel ten «a capacidade de facer de Internet un sitio máis seguro». Completou a mesa Amadeu Abril (CORE Association), quen sinalou a importancia do punto de vista do usuario final, que agora atopará contidos e espazos desenvolvidos especificamente para a súa comunidade, o que supón unha interesante contribución na súa promoción.
Os participantes na mesa tamén insistiron na necesidade de que ICANN adopte un rol activo para facilitar a viabilidade dos novos dominios de Internet, instando á entidade a emprender distintas iniciativas como instar a Google para que o uso dos novos dominios teñan un reflexo efectivo nos resultados de busca, así como a activar os novos dominios que xa ten para facilitar o uso do buscador por parte dos membros das comunidades detrás dos novos gTLD (ou sexa, que poñan en funcionamento os dominios google.eus e google.gal, e fagan que, por exemplo, os contidos en espazos web co sufixo .gal teñan maior peso nas procuras realizadas polos galegos).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?