Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Fundación Gas Natural Fenosa achega un curso en liña sobre transformación dixital para as PEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Fundación Gas Natural Fenosa achega un curso en liña sobre transformación dixital para as PEME

Redacción
Publicado: 21/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

transformacion_dixital.jpgAs pequenas e medianas empresas (PEME) e os profesionais terán a oportunidade de beneficiarse dun curso en liña aberto e de balde (MOOC) sobre transformación dixital, detrás desta achega atópase a Fundación Gas Natural Fenosa, a escola de negocios IEBS e a axencia de mercadotecnia dixital tthegap. A finalidade deste curso é a de promover e acelerar os procesos de transformación entre as PEME e os profesionais. Cómpre engadir que esta proposta forma parte do Programa Primeira Exportación; a través del, a Fundación Gas Natural Fenosa apoia ás PEME no seu desenvolvemento exterior. Para participar no programa, as empresas interesadas teñen que achegar un CIF e inscribirse no programa a través da web da Fundación.
Indo á actividade formativa en cuestión, dicir que dará comezo o vindeiro 10 de novembro, e que ten como meta introducir ás pequenas e medianas empresas nos procesos de dixitalización, facer reflexionar a empresarios e executivos sobre o futuro das organizacións e o impacto dos cambios que supoñen as novas tecnoloxías (automatización, o Machine Learning, a sociedade conectada, o internet das cousas, a industria 4.0 ou a impresión 3D).
Emporiso, para chegar a tal fin neste curso abrangueranse as bases fundamentais da economía dixital e a adopción de plataformas dixitais, as novas capacidades organizativas precisas para ter un negocio competitivo no eido dixital, explicarase como construír negocios baseados en plataformas dixitais e encamiñados ao cliente, como transformar a organización e a cadea de valor do negocio a través das plataformas dixitais e as TIC.
En canto ao equipo humano deste proxecto, está formado por profesionais da transformación dixital: David Alayón (head of innovation projects en Inditex), David Tomás (creador da primeira empresa con organización celular de España e autor do best seller A empresa máis feliz do mundo), e Lluis Font (con máis de 25 anos de experiencia na industria dixital).
Engadir que no marco deste programa, a Fundación Gas Natural Fenosa tamén puxo a disposición das PEME españolas unha ferramenta de balde para a mellora do seu comercio en liña. O software, desenvolvido por Vikinguard, permite seguir polo miúdo o rendemento, a dispoñibilidade e o tempo de carga de calquera tenda online, e envía notificacións cando detecta algún problema. Asemade, a Fundación Gas Natural Fenosa dispuxo para as PEME un estudo sobre a velocidade de carga do comercio electrónico en España e a posibilidade de realizar un curso de balde sobre analítica web para comercio electrónico. Tanto o estudo coma o curso están dispoñibles en liña e pódense descargar dende a páxina web de Vikinguard.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?