Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Google confirma o seu recoñecemento ao Monte Pindo e ao traballo da asociación do mesmo nome
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Google confirma o seu recoñecemento ao Monte Pindo e ao traballo da asociación do mesmo nome

Redacción
Publicado: 21/10/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

asociacion_monte_pindo_google.jpgGoogle vén de recoñecer oficialmente, dende esta semana, a existencia do parque natural do Monte Pindo. E faino, segundo informa a Asociación Monte Pindo Parque Natural, equiparándoo en importancia con outros parques naturais “oficiais” existentes na nosa terra. A dita plataforma galega (unha fronte común a prol da conservación e recoñecemento do macizo granítico de Carnota formada por activistas, investigadores, persoeiros da política, da cultura e da docencia, veciñanza en xeral) tamén informou que Google, “ante a falta do recoñecemento e compromiso por parte das administracións públicas”, colocou á asociación coma xestora deste espazo. O paso dado por Google é un novo chanzo nunha colaboración coa asociación que xa deu froitos no mes de abril e que agora confírmase oficialmente, adiantando novos e interesantes froitos vindeiros.
asociacion_monte_pindo_google_caminhante.jpgMáis polo miúdo, a entidade carnotá xa lanzou o programa Trekker Monte Pindo, mediante o cal vanse comezar a mapear rutas do Monte Pindo e do seu entorno xeográfico para incorporalas á aplicación Google Street View. “Isto”, sinala a asociación, “permitirá que calquera persoa, desde calquera parte do mundo, poderá percorrer as principais rutas do Monte Pindo, e algo moitísimo máis importante para nós: que persoas que polas súas limitacións físicas e psíquicas nunca puideron ascender os seus cumios, agora poderán facelo de xeito virtual”.
Está previsto que os traballos de mapeo comecen a vindeira primavera. Os labores faranse con voluntariado seguindo un calendario previamente acordado coa compañía californiana. As persoas que desexen participar no programa como voluntarias poden inscribirse xa na páxina trekker.montepindo.gal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?