Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Witdom encara a súa recta final achegando unha nube segura para a información xenética
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Witdom encara a súa recta final achegando unha nube segura para a información xenética

Redacción
Publicado: 21/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_witdom.jpgEstes días está entrando na súa recta final o proxecto Witdom, posto en marcha en xaneiro de 2015 cun financiamento de máis de catro millóns de euros (dos que de euros 2,8 proviñan da Unión Europea no contexto do programa H2020). Witdom, como lembraremos, diríxese a avanzar no procesado seguro de datos xenómicos na nube para facilitar cousas como a detección temperá de doenzas xenéticas, entre outras aplicacións. Vén da man dun consorcio internacional coordinado pola empresa de servizos dixitais Atos España, coa participación de sete socios europeos, entre os que se atopan a Universidade de Vigo e o Centro Tecnolóxico Gradiant.
Agora, co fin de achegar recursos da máxima utilidade que aseguren a meirande e máis eficaz protección nos datos, os impulsores de Witdom encaran a demostración dos avances e resultados acadados ata este intre, producindo unha implementación de referencia e, tamén, dous prototipos nas áreas do procesado privado de datos xenéticos e a “externalización” segura de servizos financeiros.
Segundo explica o catedrático da Universidade de Vigo Fernando Pérez (que lidera a participación da institución académica xunto co tamén investigador do Grupo de Procesado de Sinal en Comunicacións Juan Ramón Troncoso), “o proxecto xa superou dous dos seus fitos principais, producindo en primeiro lugar unha metodoloxía de elicitado de requisitos relacionados coa privacidade e seguridade de sistemas externalizados en contornas non confiables e, en segundo lugar, unha arquitectura segura extremo a extremo, aplicable a ditas contornas”.
Segundo fan saber, a maior parte dos avances e resultados xerados ao abeiro de Witdom demostraranse ao longo do terceiro ano do proxecto.
Xunto aos representantes no proxecto da empresa Atos e da Universidade de Vigo, desde o martes 18 ao xoves 20 de outubro, participaron nun encontro celebrado no campus galego o resto de integrantes do consorcio internacional: K.U. Leuven (Bélxica), IBM (Suiza), Fondazione Centro San Raffaele (Italia), XLAB (Eslovenia) e BBVA (España). Na quinta reunión do consorcio, despois das celebradas en Madrid, Liubliana, Zurich e Lovaina, as e os representantes dos socios de Witdom revisaron os avances rexistrados en todos os ámbitos (xestión, investigación, desenvolvemento, diseminación e explotación) e decidiron sobre a dirección do proxecto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?