A Deputación de Lugo vai crear un grupo de traballo para a integración da Fundación TIC na estrutura da entidade provincial. Este equipo, formado por técnicos das dúas entidades, terá un prazo máximo de dous meses para emitir un informe que, unha vez elaborado, presentarase aos representantes dos traballadores da TIC e da Deputación. No caso de que se ditamine a viabilidade da integración, o equipo sentará os alicerces xurídicos para garantir a igualdade nas condicións de traballo do persoal das dúas entidades. A decisión de inserir a Fundación no seo da Deputación intégrase na política de transparencia e racionalización da entidade provincial.
Búscase, entre outras cousas, optimizar recursos materiais e humanos. Tamén se pretende, en palabras da Deputación, “evitar duplicidades administrativas, reducir gastos correntes e garantir unha maior eficiencia”. Seguindo estes mesmos criterios, a Deputación procedeu xa á disolución do INLUDES e a Fundación Tor.
A Deputación de Lugo creará un grupo de traballo para integrar no seu seo a Fundación TIC
Compartir Este Artigo

