Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra acolle esta semana o Congreso Internacional de Videoxogos e Educación
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Pontevedra acolle esta semana o Congreso Internacional de Videoxogos e Educación

Redacción
Publicado: 24/10/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_cive_presentacion.jpgDende este mércores 26 de outubro e ata o venres 28, a Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación do Campus de Pontevedra acollerá o IV Congreso Internacional de Videoxogos e Educación (CIVE), inserido no marco do proxecto de especialización CREA S2i. Tomando como meta final a análise do potencial educativo dos videoxogos, o dito congreso adicará cada unha das súas xornadas a unha fase do proceso de construción dun xogo que se verá complementado coa celebración, a partir do martes 25, dunha Game Jam na Casa da Luz, na que as persoas participantes traballarán durante tres días na creación dun xogo educativo.
Cómpre dicir que esta proposta, que aínda ten aberta a súa inscrición, ten como meta que os participantes traballen e durman na Casa da Luz, onde, divididos en grupos, abordarán a creación dun videoxogo educativo para móbiles e tabletas, “na que a única restrición será o tema”, que non coñecerán ata o mesmo día do comezo, segundo informaba a co-presidenta do comité organizador desta actividade, a profesora Beatriz Legerén, que se leva a cabo en colaboración co Concello.
Así, os participantes nesta Game Jam deberán presentar ao cabo de tres días as súas propostas na xornada de peche do CIVE, na que optarán a un premio outorgado polo Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), e á posibilidade de desenvolver unha campaña de crowdfunding para obter os fondos para desenvolver o seu xogo.
uvigo_cive_cartaz.jpgCómpre salientar que este congreso internacional desenvólvese por primeira vez en Galicia (tras celebrar as súas primeiras edicións en Valencia, Cáceres e Bos Aires) da man do grupo Alfás, que reúne a académicos e académicas de diferentes países que traballan no uso do videoxogo na aula e que celebrará ademais no campus a súa primeira asemblea, nunha actividade que achegará á cidade a expertos e profesionais como o programador Michael Santorum, de Tequila Works; o artista 3d arxentino Gregorio D`Angelo; Pablo Boquete, do Instituto Escola de Belas Artes de Uruguai; Guido Giunti, da Universidade finlandesa de Oulu ou a investigadora Graciela Esnaola, da Universidade Tres de Febrero da Arxentina. Así, o mércores trataranse os aspectos da historia e a narración, o xoves as mesas de debate centraranse nas regras e mecánicas, onde o protagonismo será para a Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte e o venres afondarase na ilustración, o deseño e a arte no videoxogo.
Alén disto, esta última xornada completarase coa celebración (ás 17.30 h) dunha mesa redonda que tratará de dar resposta á pregunta de se É posible unha industria de contidos dixitais en Galicia?, organizada polo Clúster do Audiovisual Galego. Estes tres días de debate veranse precedidos, o martes 25, pola Game Start, unha xornada de traballo para o profesorado, centrada na aplicación dos videoxogos como das técnicas de gamificación nas aulas, para a aprendizaxe de calquera tipo de disciplina.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?