Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CESGA debulla ante as nosas PEME as múltiples oportunidades que brinda a computación de alto rendemento
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CESGA debulla ante as nosas PEME as múltiples oportunidades que brinda a computación de alto rendemento

Fernando Sarasketa
Publicado: 24/10/2016
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

cesga_gain_fortissimo_2_garcia_tobio.jpgA sede GAIN en Santiago (Centro de Novas Tecnoloxías de Galicia) acolleu hoxe unha xornada dirixida a expoñer as oportunidades para as PEME que ofrece a integración nelas da computación avanzada. Falamos do InfoDay Fortissimo 2, evento que xuntou preto de medio cento de empresarios, enxeñeiros e persoal técnico de pequenas e medianas empresas e mid-caps con actividade en innovación. A xornada veu da man de CIS Galicia e o CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia), en colaboración coa Axencia Galega de Innovación (GAIN). Do que se tratou, basicamente, foi de ampliar e afianzar as pontes tendidas dende hai tempo entre o CESGA e o tecido produtivo e industrial galego.
Dito doutro xeito: o leit motiv da xuntanza foi lembrar ás PEME que o centro galego é un referente estatal e europeo en materia de recursos computacionais para impulsar as súas actividades, ao tempo que se fixo un recordo por casos de éxito previos de Fortissimo e debulláronse as liñas estratéxicas, os obxectivos e os detalles diversos deste programa.
Como recordaremos, Fortissimo (que vai pola súa segunda edición) é un programa europeo de experimentos sobre aplicacións baseadas en computación de altas prestacións na nube (HPC) para pequenas e medianas empresas. O orzamento desta segunda convocatoria de Fortissimo é de 1,3 millóns de euros. O seu obxectivo: impulsar a innovación nas contornas cloud e de información masiva (Big Data) nas pequenas e medianas empresas manufactureiras e do eido da enxeñaría.
Segundo informou previamente o CESGA, “esta convocatoria busca financiar experimentos para estender e demostrar o potencial de negocio dun ecosistema de servizos HPC (computación de alto rendemento) na nube, máis polo miúdo para aplicacións que inclúan simulacións acopladas de procesos físicos ou análise de datos de altas prestacións”. Ao fío disto e máis alá de todo o devandito, a xornada de hoxe dirixiuse a procurar novas experiencias que complementen e estendan as actividades actuais do proxecto, experimentos que estean enfocados a resolver necesidades de negocio de PEME ou mid-caps do sector da enxeñaría ou da manufactura.
cesga_fortissimo_gain.jpgO encontro foi inaugurado por Sonia Pazos, directora de Centros da Axencia Galega de Innovación (GAIN), quen lembrou as múltiples vantaxes da computación para as empresas, “sobre todo para as PEME industriais, que manexan grandes cantidades de información, moi complexa e procedentes dunha chea de fontes”, por exemplo os propios procesos de seu, as redes sociais, o mercado, os clientes, etc. Segundo fixo saber, manexar todo este coñecemento é de vital importancia para as empresas, non só porque lles permitirá ser máis rendibles e eficientes senón tamén porque lles achegará a posibilidade de reducir custes. Pazos tamén salientou o papel do CESGA como referente. “O Centro de Supercomputación de Galicia”, dixo, “xa ten ás súas costas unha importante experiencia neste ámbito de traballo coas PEME”. O que buscamos, engadiu, é que “as pequenas e medianas empresas tiren partido dos recursos de alta computación do CESGA”. Segundo explicou, alén das importantes infraestruturas e servizos do centro, o que se precisa tamén é “o feedback das nosas firmas”.
A apertura da xuntanza tamén contou coa presenza de Javier García Tobío, director xerente do CESGA, quen fixo fincapé nesta vontade do centro de estar a dispor do tecido produtivo, “contribuíndo ao pulo da economía”. Para poñer aos asistentes en situación, achegou unha breve introdución á Industria 4.0 (a etiqueta máis ampla na que se insire a computación de alto rendemento, eixe temático de Fortissimo) e tamén ás propias orixes de Fortissimo, que abrolla directamente dunha arela concreta da Unión Europea: a de converter as tecnoloxías HPC (High Performance Computing, ou sexa Computación de Alto Rendemento) en “cousas” de uso común para as nosas PEME. Este achegamento á HPC, dixo, é un dos grandes obxectivos actuais da UE en materia TIC.
García Tobío tamén lembrou o potencial do CESGA para servir de canle e de escenario para este achegamento. “De feito”, sinalou, “na actualidade xa hai 530 PEME empregando os recursos e infraestruturas do CESGA”.
Financiamento Fortissimo 2
En relación a este programa europeo, o financiamento máximo por iniciativa empresarial ascende a 175.000 euros (para todos os participantes). Segundo informou os días previos o CESGA, a solicitude “resulta sinxela” xa que as propostas non poden superar as 10 páxinas. As empresas que desexen solicitar financiamento contarán co soporte do Centro de Supercomputación para preparar a súa proposta (o centro, de feito, xa axudou a 23 empresas financiadas baixo este programa). A convocatoria pecha o 7 de decembro. Pódese facer a inscrición a través da páxina web do CESGA, no apartado adicado a Fortissimo II.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?