Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Cámara de Comercio achega varios cursos TIC ás PEME da área de Compostela
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Cámara de Comercio achega varios cursos TIC ás PEME da área de Compostela

Redacción
Publicado: 25/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

transformacion_dixital-2.jpgDende a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela chéganos a programación formativa para final de ano encamiñada ás empresas dos trinta e dous concellos da demarcación cameral. Os cursos e xornadas ofertados son de moi diversa índole: informática e novas tecnoloxías, contabilidade e finanzas, recursos humanos, comercio e distribución, busca de emprego, emprendemento, idiomas e formación empresarial. Os obradoiros darán comezo o 7 de novembro, están indicados para as PEME (Pequenas e Medianas Empresas) e centrados en explicar como elaborar un estudo de mercado.
Abrangueranse as principais técnicas de investigación, avaliación das mesmas segundo as características da empresa, coñecemento da relación entre a mercadotecnia e a investigación de mercados e iniciación no deseño dun plan de investigación. Celebrarase entre os días 7 e 10 nas aulas formativas da Cámara de Comercio, de 19 a 22 horas.
Tamén o 7 de novembro dará comezo un curso de contabilidade financeira informatizada, que se celebrará ata o día 18, de 20 a 22 horas. A finalidade do mesmo é que os alumnos obteñan coñecementos para levar a contabilidade dunha empresa. A consultoría laboral, fiscal e contable C&B Asociados impartirá a formación destinada a persoas de departamentos de administración de PEME con coñecementos teóricos. Amais de aprender a manexar un programa informático, analizarase a casuística contable dunha empresa en funcionamento.
O día 10 de novembro celebrarase o obradoiro: Penso, logo negocio. O cerebro negociador, na sede cameral, de 16 a 20 horas. Nel descubrirase como funciona o cerebro humano no intre de negociar, aprenderase a aplicar principios de influencia social e a tratar con calquera tipo de negociador.
Alén disto, a Cámara desenvolverá o Programa Integral de Cualificación e Emprego (PICE), cofinanciado polo Fondo Social Europeo (FSE). O dito programa está encamiñado a mozos e mozas inscritos no Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (onde a Cámara se sitúa como punto de inscrición de referencia) de cara a axudalos a inserirse no mercado laboral. Impartirase unha formación troncal sobre tecnoloxías da información e da comunicación, empregabilidade, habilidades sociais e inglés, entre outras formacións.
En canto ao Instituto Cameral de Idiomas de Santiago de Compostela (ICISC), tamén están programados cursos lingüísticos como: cursos preparatorios de certificados oficiais de inglés, francés e alemán (homologados pola University of Cambridge, Institut Français e Goethe-Institut). As clases impartiranse en quendas de luns e mércores e martes e xoves, de 18:30 a 20 ou de 20 a 21:30 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?