Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Educación felicita ao Centro Juan María de Nigrán polo seu proxecto de videoxogos inclusivos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Educación felicita ao Centro Juan María de Nigrán polo seu proxecto de videoxogos inclusivos

Redacción
Publicado: 25/10/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

cultura_centro_juan_maria_conselleiro.jpgO Centro de Educación Especial Juan María, de Nigrán, recibiu os días pasados un importante recoñecemento estatal polo seu traballo a prol da integración educativa, social e laboral pola vía das novas tecnoloxías da información. Para felicitar ao centro, o conselleiro de Cultura e Educación, Román Rodríguez, visitou as súas instalacións este martes 25 de outubro. Durante a súa estadía, Rodríguez salientou “o seu espírito emprendedor e innovador”. Como lembraremos, o centro foi distinguido hai uns días co Premio SIMO Educación ao Mellor Proxecto TIC en educación inclusiva, igualdade e diversidade.
A orixe e o motivo deste premio están no proxecto Os videoxogos no camiño cara a inclusión, unha iniciativa impulsada para dar resposta á necesidade de aumentar o acceso ás novas tecnoloxías a persoas con diversidades funcionais e cognitivas.
Na súa visita, Román Rodríguez sinalou este centro como “un exemplo de esforzo, superación e unión de forzas cara obxectivos comúns que o son de todo o sistema educativo galego: tolerancia, respecto, inclusión e valoración da diversidade”.
Durante a súa estadía o conselleiro estivo acompañado polo coordinador do mesmo, Alberto González da Rosa, e pola súa directora, Soledad Pazo. Así mesmo participaron na visita a secretaria territorial da Xunta en Pontevedra, Yolanda Lesmes; e o xefe territorial da Consellería na provincia, César Pérez Ares.
Volvendo ao recoñecemento de SIMO Educación (cuarta edición), entregouse este venres 21 de outubro no marco do evento do mesmo nome, celebrado no recinto IFEMA de Madrid entre unha manchea de representantes do ámbito das novas tecnoloxías e a educación. O proxecto Os videoxogos no camiño á inclusión recibiu o apoio da Obra Social La Caixa para a habilitación e posta en marcha dunha sela multimedia que contase con todo tipo de equipamentos informáticos accesibles: pantallas, videoconsolas, computadores, un equipo de son, tabletas e mesmo unhas lentes de realidade virtual. Este recanto foi concibido para desenvolver unha formación plena a través das TIC para colectivos con todo tipo de diversidades.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?