A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) pon a disposición de toda a cidadanía unha serie de 20 novos cursos de formación a distancia de diferentes temáticas relacionadas coas TIC a través da plataforma de teleformación EMA da Rede CeMIT.
O único requisito para acceder a esta formación en liña é ser usuario da rede CeMIT. Os cursos, de entre 4 e 10 horas de duración cada un deles, pódense realizar en calquera momento e lugar, sen estar pendente de convocatorias nin inscricións.
Unha vez completado todo o material que conforman os cursos, activaráselle ao alumno a opción do exame, proba que terá que realizar, obrigatoriamente e de forma presencial, nun aula CeMIT. Unha superada a mesma e realizada a enquisa obrigatoria, poderá descargar un diploma de realización asinado dixitalmente, cuxa veracidade se poderá comprobar na sede electrónica da Xunta de Galicia.
Os usuarios coñecerán antes do inicio de calquera acción formativa cales son as localidades onde poderán realizar as probas presenciais, e serán as propias aulas CeMIT de cada concello as que reservarán o espazo e programarán os días previstos para a avaliación.
Os materiais formativos que compoñen estes cursos foron elaborados seguindo a Guía de boas prácticas para a publicación de obras documentais da Xunta de Galicia. A listaxe dos cursos dispoñibles é a seguinte:
– Control parental
– Seguridade informática
– Uso do libro electrónico
– Uso da tableta
– Uso da cámara dixital
– Uso dos dispositivos electrónicos
– O correcto aproveitamento dos smartphone
– Cloud computing
– Comercio electrónico
– Mercadotecnia e mercadotécnica nas redes
– Vendas no muro
– Posicionamiento social
– Creación de blogs
– Redes sociais
– Administración Electrónica
– Trámites económicos na Internet
– Factura electrónica
– Tramitación electrónica e xestión de documentación
– Seguridade en compras virtuais
– Innovación social
A plataforma de teleformación EMA da Rede CeMIT incorpora 20 novos cursos TIC
Compartir Este Artigo

