Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Premiado en Europa un proxecto da UVigo que facilita a aterraxe de drons en situacións de risco
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Premiado en Europa un proxecto da UVigo que facilita a aterraxe de drons en situacións de risco

Redacción
Publicado: 26/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

De esquerda a dereita Francisco Díaz-Otero (profesor UVigo); RosaEguizábal (directora Promoción Económica CZFV); Teresa Pedrosa (delegada do Estado no CZFV) e Manuel García Sánchez e Daniel Gómez Pérez (Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións de Vigo)
De esquerda a dereita Francisco Díaz-Otero (profesor UVigo); RosaEguizábal (directora Promoción Económica CZFV); Teresa Pedrosa (delegada do Estado no CZFV) e Manuel García Sánchez e Daniel Gómez Pérez (Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións de Vigo)
O Círculo de Belas Artes de Madrid acolleu onte a entrega de premios do certame ESNC, patrocinado polo Consorcio da Zona Franca de Vigo e convocado anualmente a Axencia Espacial Europea (ESA), o Centro Aeroespacial Alemán (DLR) e o Ministerio alemán de Transporte e Infraestruturas Dixitais (BMVI). O xurado do certame recoñeceu como Mellor Proxecto Rexional a unha aplicación concibida por un docente e un investigador da Escola de Telecomunicacións de Vigo. A idea de negocio que resultou gañadora consiste nun sistema para axudar a aterrar drons en circunstancias desfavorables. O ESNC-Galileo Masters é un concurso europeo que traballa para potenciar o desenvolvemento de aplicacións de navegación por satélite.
O proxecto da UVigo, titulado GNSS assisted drone landing system, recibirá agora un ano de incubación nun dos parques empresariais do Consorcio da Zona Franca de Vigo, que inclúe a asistencia no desenvolvemento do produto, acceso a expertos, estudos de mercado e orientación económica. A idea de negocio do equipo formado por Manuel García Sánchez e Daniel Gómez Pérez consiste nun sistema que axudará a aterrar un avión non tripulado “con exactitude e precisión” en condicións extremas. uvigo_gnss-assisted_drone_landing_system_galicia.jpg
A intención dos promotores é desenvolver un produto “totalmente comercial” para que estea no mercado a finais de 2018. O sistema tirará partido dos sinais transmitidos desde os satélites de navegación GNSS para medir a distancia e a velocidade relativa desde o avión non tripulado ao intre de aterraxe. Este levarase a cabo de maneira cen por cen autónoma “sen necesidade de sistemas de axuda adicionais”, salientaron os responsables da tecnoloxía.
O Concurso Europeo de Navegación por Satélite (European Satellite Navigation Competition, ESNC) é un concurso internacional de innovación que premia as mellores ideas para o desenvolvemento de aplicacións de navegación por satélite. Cada ano adícase a procurar os mellores servizos, produtos e innovacións que utilicen a navegación por satélite na vida cotiá. Na cerimonia de onte, celebrada por primeira vez fóra de Alemaña, tamén se entregaron os premios ao resto dos gañadores rexionais, ao gañador absoluto e as distincións aos premios especiais do xurado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?