Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: TokApp preséntase na escola infantil de Ames-Bertamiráns
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

TokApp preséntase na escola infantil de Ames-Bertamiráns

Redacción
Publicado: 26/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

nova_xunta_tokapp_presentacion_ames.jpgEste martes 25 presentouse na escola infantil de Ames-Bertamiráns a aplicación galega TokApp, unha ferramenta para estreitar as ligazóns comunicativas entre centros educativos, comunidades de docentes e colectivos de pais e de alumnos. Na presentación participou o conselleiro de Política Social en funcións, José Manuel Rey Varela, quen fixo fincapé no potencial de TokApp School como sistema de mensaxería que “permitirá aos centros comunicarse de xeito máis doado e rápido coas familias dos nenos e nenas que acoden ás escolas infantís da rede Galiña Azul”. Na cita, a empresa creadora da aplicación (TokApp) realizou unha demostración técnica do funcionamento da mesma.
Salientaron entre outras cousas que se trata dun recurso móbil destinado a evitar calquera tipo de incidencia comunicativa nos centros educativos, ao tempo que achega rapidez e eficacia no intercambio de datos, contidos, mensaxes. Como salientamos no seu día dende Código Cero (informando do rápido espallamento desta tecnoloxía galega en medio cento de cidades estatais), TokApp School ten feitura de plataforma de mensaxería instantánea sen límites.
A raizame da ferramenta está na constatación de que actualmente non hai moitos recursos específicos (por non dicir ningún), no panorama tecnolóxico-educativo, que lles asegure aos escolares un método fiable e eficiente para facer cousas como avisar aos seus pais de actividades relevantes do centro ou de entregar unha circular. Ou ben para que os centros informen aos pais das faltas de asistencia dos seus fillos.
Segundo lembrou TokApp na presentación do colexio de Ames, esta tecnoloxía consta de dúas partes diferenciadas: por unha banda a aplicación web (dende a que os profesores/as e o persoal do centro crean e envían as mensaxes); e pola outra a aplicación móbil (de descarga gratuíta en smartphones e outros dispositivos electrónicos nas que as familias poderán recibir estas mensaxes).
Para o seu axeitado funcionamento, a empresa propietaria da aplicación está a realizar cursos de formación a cada unha das direccións das escolas infantís. A día de hoxe, 15 escolas do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e 44 escolas da Axencia Galega de Servizos Sociais xa foron obxecto desta formación e en vindeiras datas a aplicación estará operativa en todas e cada unha das escolas infantís da Consellería de Política Social. Nun principio os administradores da aplicación serán ás direccións dos centros.
O conselleiro salientou que “o avance das novas tecnoloxías nos últimos anos é unha evidencia á que non queremos dar as costas, por este motivo a Consellería de Política Social pon a disposición das escolas e das familias esta aplicación que redundará no benestar e aforro de tempo dos pais e nais, pero sobre todo, no benestar e no coñecemento da evolución dos nenos e nenas nas escolas”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?