Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Euskaltel e R obteñen un beneficio neto de 44,9 millóns nos nove primeiros meses de 2016
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Euskaltel e R obteñen un beneficio neto de 44,9 millóns nos nove primeiros meses de 2016

Redacción
Publicado: 27/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

euskaltel-rj658a-e1346-2.jpgO Grupo Euskaltel, integrado por Euskaltel e a operadora de raizame galega R, presentou este xoves os resultados correspondentes ao terceiro trimestre de 2016. Estes datos sobre os nove primeiros meses de actividade logo da integración de R, amosan un medre en ingresos, clientes e rendibilidade, “cun beneficio neto de 44,9 millóns de euros, 48,3 millóns de euros máis que no mesmo período do exercicio anterior”.
No terceiro trimestre do ano, Euskaltel acadou os 430,4 millóns de euros en ingresos, fronte aos 244,4 millóns de euros logrados no terceiro trimestre do ano anterior, o que supón un crecemento do 76,1%. Estes datos, de incluír na comparativa os ingresos de R no dito período, confirman que o crecemento do grupo situouse no 2,2%.
Para Euskaltel, non hai dúbida sobre a importancia de 2015 para a súa actividade, ao que cualifica de “ano histórico”. Así, aos números positivos cómpre engadir a súa saída a Bolsa e a integración do operador galego R. O resultado, salienta Euskaltel, é “o operador de referencia no norte do Estado”.
Estes e outros datos foron achegados este mércores 26 na xuntanza do Consello de Administración da Compañía celebrada (por vez primeira) na Coruña. No acto, a compañía vasca anunciou a distribución de dividendos entre os seus accionistas, “a primeira repartición de dividendo como sociedade cotizada tras a súa entrada no mercado de capitais o 1 de xullo de 2015”. Así, o Consello reunido onte aprobou por unanimidade distribuír un dividendo a conta dos resultados de 2016, de 0,15 euros brutos por acción, que equivalería a un desembolso de 22,77 millóns de euros.
Segundo sinalaron onte fontes do grupo, “coa celebración da súa xuntanza ordinaria en Galicia, o Consello referenda o compromiso dos órganos reitores do Grupo Euskaltel e máis R con Galicia e coa xeración de emprego, riqueza e desenvolvemento económico e tecnolóxico para esta terra”.
Na reunión tamén se fixo fincapé no potencial da fronte común formada por R e Euskatel, “que conforman o grupo de telecomunicacións líder do norte de España, mantendo cadansúas identidades, marcas e equipos de traballo nos seus respectivos territorios, co obxectivo común de consolidar un grupo forte e líder en cadanseu mercado potenciando, ao tempo, o arraigamento e o compromiso de R en Galicia e de Euskaltel en Euskadi”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?