Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Programa Primare potenciará a agricultura dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Programa Primare potenciará a agricultura dixital

Redacción
Publicado: 27/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

primare_03.jpgEmpresas do sector tecnolóxico e representantes de entidades do ámbito agrario participaron hoxe nunha xuntanza sobre a consulta pública ao mercado aberta pola Xunta para aplicar solucións tecnolóxicas innovadoras ao sector agrario. O encontro foi inaugurado pola directora da AMTEGA, Mar Pereira, e a directora xeral de Gandería, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Belén do Campo.
Ambos departamentos colaboran no desenvolvemento do Programa Primare, que contempla a creación dunha plataforma tecnolóxica sobre a que se desenvolverán distintos servizos e solucións TIC para impulsar a innovación dos sectores primarios galegos. No ámbito agrario o obxectivo é avanza cara unha agricultura dixital, incorporando a tecnoloxía á xestión agrogandeira para mellorar e optimizar a súa produción.
primare_01.jpgO desenvolvemento da plataforma estase a levar a cabo polo procedemento de Compra Pública Innovadora. Este procedemento permite ás entidades interesadas presentar propostas de solucións tecnolóxicas, que actualmente non existan no mercado como produtos comerciais, e que dean resposta ás problemáticas concretas expostas pola administración.
O primeiro paso deste proceso foi a apertura o pasado 26 de setembro dunha consulta preliminar ao mercado, que hoxe se presentou ao sector tecnolóxico na Cidade da Cultura. Unha vez finalizada esta fase de consulta definiranse os proxectos concretos e abrirase o período de licitacións públicas para obter a solución tecnolóxica que mellor responda as necesidades expostas.
primare_02.jpgResponsables da AMTEGA e Medio Rural expuxeron hoxe ás entidades interesadas en presentar iniciativas que o obxectivo é desenvolver a tecnoloxía axeitada para avanzar cara unha agricultura dixital. Para conseguilo a Administración quere contar cunha plataforma que dote de novas ferramentas tecnolóxicas tanto a produtores como a xestores. Por unha banda, facilitará a xestións das axudas da PAC, a través de inspeccións intelixentes, que axilizarán o labor anual que se realiza en máis de 100.000 de parcelas ao ano. Por outra banda, permitirá aos agricultores contar con ferramentas tecnolóxicas para facer un seguimento dixital das súas parcelas e cultivos e facilitar as xestións por vía telemática coa administración.
Para abordar este reto, será necesario facer uso das últimas innovacións en tecnoloxías de Big Data, sensorización e uso de drons. Esta iniciativa enmárcase no convenio subscrito polo Ministerio de Economía e Competitividade, GAIN e a AMTEGA para o desenvolvemento de iniciativas innovadoras de uso civil que requiran do uso de vehículos non tripulados e conta cun financiamento de 4 millóns e euros achegados polo Ministerio de Economía e Competitividade e a Xunta de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?