Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O SERGAS tira proveito da tecnoloxía de Balidea para recoñecer de contado síntomas de ictus
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O SERGAS tira proveito da tecnoloxía de Balidea para recoñecer de contado síntomas de ictus

Redacción
Publicado: 28/10/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

plan_ictus_detalle.jpgBalidea desenvolveu a plataforma de comunicación en tempo real do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), tecnoloxía que constitúe un dos piares fundamentais do Plan Ictus de asistencia a distancia impulsado, precisamente, pola Consellería de Sanidade. A plataforma en cuestión chámase CETIR e, entre outras cousas, permítelles aos facultativos de urxencias (estean onde estean) contactar co Centro de Atención ao Ictus (Plan Ictus). A principal vantaxe disto é que lles vai posibilitar aos médicos de urxencias unha comunicación inmediata con especialistas en neuroloxía, dispoñibles as 24 horas do día os 365 días do ano.
Segundo indica Balidea, a través de videoconferencia os neurólogos do Centro de Atención ao Ictus poden examinar á persoa mediante unha cámara web de alta resolución, interrogala e interactuar co persoal facultativo presente. Logo desta avaliación, decídese se debe ser trasladada a un dos tres hospitais con unidade de ictus: o Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo e o Complexo Hospitalario Universitario A Coruña. “O obxectivo final”, sinala a empresa galega con sede en Compostela, “é adecuar o procedemento terapéutico ás necesidades específicas asistenciais de cada paciente, coordinando a actuación entre os distintos profesionais no menor tempo posible”.
Balidea tamén lembra que a través do Plan Ictus do SERGAS especifícase claramente cales son os principais síntomas da devandita doenza: problemas na fala, imposibilidade de erguer os brazos á mesma altura durante dez segundos e incapacidade para sorrir amosando todos os dentes. Segundo explica a compañía TIC, estes tres síntomas de estarmos sufrindo un ictus moi doados de identificar nun recoñecemento visual a través de videoconferencia, “polo que o noso sistema de comunicación en tempo real resulta de gran utilidade para contactar cos neurólogos de garda e axilizar o tempo de atención”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?