Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A provincia de Pontevedra acolle en novembro novos obradoiros SmartPEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A provincia de Pontevedra acolle en novembro novos obradoiros SmartPEME

Redacción
Publicado: 31/10/2016
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

computadora_equipamento-4.jpgNeste mes de novembro proseguirá na provincia de Pontevedra o proxecto SmartPEME, un programa de asesoramento no eido das TIC da institución provincial encamiñado ás persoas emprendedoras e ás PEME (Pequenas e Medianas Empresas) da provincia pontevedresa. Para acadar isto, nas oficinas SmartPEME do Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo poranse en marcha diversas actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial dos asesores segundo as necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.
Cómpre informar que todas as actividades terán lugar en horario de 19 horas e o teléfono de inscrición é o 886 20 20 20.
Indo por partes, Pontevedra acollerá no Edificio Administrativo da Deputación seis obradoiros: o xoves 3 de novembro, Sácalle partido á túa conta de Gmail. O luns 7, Saca as túas fotografías para o comercio electrónico. O xoves 10, Desenvolve a túa propia estratexia de E-mail marketing. O xoves 17, a Google Analytics: Iniciación á analítica web. O venres 25, A túa páxina web con WordPress (continuación), e o mércores 30, Como utilizar Instagram para promover a túa empresa. A oficina SmartPEME de Pontevedra, no Edificio Administrativo da Deputación, atópase na rúa Gran Vía de Montero Ríos, s/n.
En canto á oficina de Ponteareas, esta acollerá os seguintes obradoiros: o xoves 3 de novembro, Xestiona o teu negocio dende o móbil. O luns 7, Sácalle partido á túa conta de Gmail. O venres 11, Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais. O martes 15, Comercializa os teus servizos a través das redes sociais. O mércores 23, Crea unha nube de información privada para a túa empresa e o día 28 será a quenda de Fotografía e vídeo para establecementos de turismo.
A oficina SmartPEME de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase na rúa Lomba do Cruceiro, nº 5.
No caso da oficina do Porriño, acollerá os seguintes obradoiros: o mércores 2 de novembro, Fotografía de produto: especial sector téxtil. O venres 4, Facebook Ads. O martes 8, Google Analytics: iniciación á analítica web. O xoves17, Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais. O luns 21, Como utilizar Instagram para promover a túa empresa e a última quenda será a de Imos chamar á porta da túa clientela, posicionamento SEO, o luns 28.
A oficina SmartPEME do Porriño, no Multicentro do concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.
A oficina de Vigo ofertará os seguintes obradoiros: o mércores 2 de novembro, Rendibiliza o teu perfil profesional nas redes sociais. O mércores 9, Fotografía con smartphone: PIXLR para Android e iOS. O venres 11, Unifica a xestión das túas redes sociais con Hootsuite. O xoves 17, Medios de pago: novas tecnoloxías aplicadas aos pagamentos. O martes 22, Como ser eficiente na organización do teu tempo: trello e toggl e, por último, A túa páxina web con WordPress, o luns 28. A oficina SmartPEME de Vigo, na Sede da Deputación da cidade, atópase na rúa Oporto, nº 3.
No viveiro de empresas do Polígono Lalín 2000, o xoves 3 de novembro impartirase o obradoiro Crea unha nube de información privada para a túa empresa. O xoves 10, Sácalle partido á túa conta de Gmail. O venres 18 será a quenda de Xestiona o teu negocio dende o móbil, e o luns 21, Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio. O mércores 23, Fotografía e vídeo para establecementos de turismo e, por último, Unifica a xestión das túas redes sociais con Hootsuite, o martes 29.
A oficina SmartPEME de Lalín, no Viveiro de Empresas situado no Polígono Lalín 2000, atópase na parcela E deste espazo.
O Centro ExpoSalnés de Cambados, impartirá o mércores 2 de novembro, Imos chamar á porta da túa clientela, posicionamento SEO. O martes 8, Comercializa os teus servizos a través das redes sociais. O luns 14, Fotografía de produto: especial sector téxtil. O mércores 16, Profundizamento nas ferramentas: Google Apps avanzado. O luns 21, Fotografía e vídeo para establecementos de turismo e, por último, Como utilizar Instagram para promover a túa empresa, o mércores 29. A oficina SmartPEME de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no Paseo da Calzada, s/n.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?