Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Coruña convoca tres bloguers referenciais para axudarnos a tirar partido da revolución dixital
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Coruña convoca tres bloguers referenciais para axudarnos a tirar partido da revolución dixital

Redacción
Publicado: 31/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

coruna_xornadas_audiovisual.jpgA Coruña vai acoller dende o 9 ata o 11 de novembro (en horario de 19.00 a 21.00 horas) as xornadas de comunicación social Apúntate á revolución dixital, unha actividade organizada pola Concellaría de Participación e Innovación Democrática do Concello da Coruña. Segundo apunta este departamento, trátase dun programa de sesións divulgativas e formativas directamente encamiñada a solucionar as nosas dúbidas sobre como dar a coñecer unha web ou un blog, sobre como comunicar dixitalmente ou sobre as metodoloxías máis axeitadas para extraerlles proveito ás redes sociais. Segundo informa a Concellería, “nestas xornadas sobre revolución dixital tres monstros dos medios sociais contarannos cales son as armas dixitais máis eficaces para acadar os nosos obxectivos”.
Trátase de Óscar Reboiras, responsable de comunidades dixitais de R, a xornalista e blogueira Patricia García Lema, e a guionista e youtuber Carolina Iglesias. “Óscar, Patricia e Carolina”, sinala a Concello, “amosarán a súa experiencia e escoitarán a das e dos participantes nas xornadas, creando unhas xornadas de diálogo en torno á presenza e a comunicación na rede de redes”.
Máis en detalle, Óscar Reboiras abordará o 9 de novembro a temática das comunidades dixitais (Estratexia en redes sociais, cando os usuarios marcan a liña) e falará da súa experiencia a través do blog de R quecheparece.com, a estratexia de proximidade do operador galego.
Pola súa banda, Patricia García Lema afondará na cuestión da marca persoal e das posibilidades profesionais que se abren con esta identidade. Fará un percorrido pola historia do seu caderno www.donkeycool.es e da súa actividade despregada en diferentes redes sociais (Instagram, Facebook, Twitter e Linkedin) co obxectivo de forxar a marca de seu, que en palabras da organización das xornadas “non só lle serviu para acadar algunha meta persoal, senón que lle valeu para adquirir visibilidade e ampliar os seus horizontes profesionais”.
Por último, Carolina Iglesias desenvolverá o relatorio Do mundo virtual ao real… De youtuber a guionista, un achegamento ao potencial das redes sociais como ferramentas para propiciar “visibilidades positivas” de proxección profesional. Carolina Iglesias falará de como conseguir traballo grazas ao noso labor en YouTube.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?