Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Un xogo a prol da reciclaxe impúxose na Game Jam de Pontevedra
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Un xogo a prol da reciclaxe impúxose na Game Jam de Pontevedra

Redacción
Publicado: 31/10/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

game_jam_pontevedra_ganhadores.jpgO Campus de Pontevedra acolleu a semana pasada un congreso (o cuarto Congreso Internacional de Videoxogos e Educación, CIVE) e, dentro del, unha sesión de traballo colectiva para dar forma a un xogo con potencial para mellorar o mundo. Falamos da Game Jam da Casa da Luz unha actividade que contou coa colaboración do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) e que consistiu nun maratón para dar forma a un serious game (unha achega gráfica para entreter pero tamén para informar, formar, denunciar ou divulgar) entre os diferentes grupos participantes. Segundo puidemos saber, a Game Jam rematou o venres e o gañador foi un videoxogo para a aprendizaxe do reciclado e a prol dos valores para a protección do medio ambiente.
O grupo gañador estivo formado por Amparo Fernández, Robert Fekete, Esteban Canle e Jorge Contreras. O segundo traballo clasificado foi un videoxogo baseado nun personaxe fantástico que nos ensina as vantaxes de sermos construtivos (en contraposición coas desvantaxes de sermos “tóxicos”). O grupo estivo constituído por Brais Bello, Joseba Cuña, Diego Oya e Iago Xosé Sequeiros.
Segundo indican os organizadores da actividade, os participantes na Game Jam traballaron na creación dun videoxogo para móbiles e tabletas, “do que non souberon as características ata o comezo do encontro”. O tema elixido foi o da educación orientado ao alumnado de Primaria e monoxogador. A Game Jam estivo dirixida a programadores, deseñadores, ilustradores e outras persoas interesadas no mundo dos videoxogos.
A encargada de entregar os premios onte á tarde foi Beatriz Legerén, responsable do CIVE e membro do Grupo Alfás. O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG) patrocinou os premios: catro tarxetas regalo por valor de 60 euros cada unha delas para os gañadores e outras catro por valor de 40 euros para os segundos clasificados. O equipo vencedor terá, asemade, a posibilidade de realizar unha campaña de crowdfunding para obter os fondos precisos para desenvolver o seu xogo, coa colaboración da empresa galega Gato Salvaje Estudio.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?