Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Aula de Ecoloxía de Ferrol propón un obradoiro para elaborar soportes para móbiles con refugallos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Aula de Ecoloxía de Ferrol propón un obradoiro para elaborar soportes para móbiles con refugallos

Redacción
Publicado: 02/11/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

soporte_mobil.jpgPensando nunha redución do uso do móbil e na reciclaxe, a Concellería de Medio Ambiente de Ferrol, a través da Aula de Ecoloxía Urbana do Concello, propón un obradoiro para adultos que se levará a cabo esta fin de semana (5 e 6 de novembro), no que se pretende elaborar un soporte para o teléfono móbil. Dende a Aula sinalan que o manexo e contacto continuado co móbil é algo tan interiorizado que ninguén repara xa nas consecuencias negativas que trae parellas, de aí que se decidira facer este obradoiro para lembrar que de cando en vez o noso teléfono ten que ser afastado de nós. Segundo diversos estudos, arestora hai máis xente con móbil que con cepillo de dentes.
Os mesmos estudos salientan que cómpre reducir o seu uso, de aí a necesidade de dispor dun lugar axeitado para pousar o trebello, sobre todo en xente maior, que si precisa telo a man, ten que escoitalo e poder atopalo decontado.
Neste obradoiro proposto pola Aula de Ecoloxía Urbana de Ferrol axudarase a deseñar un soporte personalizado con materiais considerados refugallos.
O obradoiro será de balde, en horario de 16.30 a 17.30 horas esta fin de semana (sábado 5 e domingo 6 de novembro), previa inscrición ata mañá, xoves 3.
Os participantes neste obradoiro deberán levar: cola branca (de papelería ou madeira), un pincel mediano, un cúter e unhas tesoiras.
Para máis información ou para inscribirse cómpre enviar un correo electrónico a aeuferrol@gmail.com ou chamar ao teléfono 981 944 222.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?