Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Expourense reúne este venres a vangarda profesional da mercadotecnia en liña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Expourense reúne este venres a vangarda profesional da mercadotecnia en liña

Redacción
Publicado: 02/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

mercadotecnia_en_lina-3.jpgEste venres 4 temos cita en Ourense coa innovación ao servizo da mercadotecnia. Ou sexa, con todos os recursos dixitais cos que podemos contar (e son moitos e variados) para que chegar ao meirande número de clientes e deixar a máxima pegada no mercado. Falamos da nova entrega do Foro de Comunicación de Galicia, que se celebra en Expourense (da man, precisamente, deste centro de mostras e congresos), e que xuntará baixo un mesmo teito a algúns dos expertos actuais de meirande renome en materia de estratexias dixitais ao servizo da identidade corporativa. Por exemplo o presidente do Foro de Marcas Renomeadas Españolas, José Luís Bonet ou o publicista Marçal Moliné. Tamén achegarán relatorios representantes de Google, Galejobs, R ou Elogia.
En palabras de Expourense, “a cita ofrecerá un completo programa de conferencias nas que este ano cobrará especial protagonismo o mundo online e a estratexia de marca”.
En total, haberá unha vintena de relatorios a cargo de expertos en novas tecnoloxías e mercadotecnia, escolas de negocios, profesores universitarios, xornalistas ou empresarios. Amais de debater sobre o emprego dos medios dixitais, tamén se fará fincapé no fomento dunha cultura de emprendemento a través de conferencias sobre internacionalización e experiencias de xestión.
A conferencia inaugural virá da man do director do programa de dirección en comunicación corporativa IE Business School, Enrique Sueiro. O programa continuará cunha mesa redonda que versará sobre estratexias de transformación tecnolóxica e na que participarán responsables de comunicación e social media de empresas galegas referenciais como as devanditas Estrella Galicia, Galejobs, R Cabel e Elogia. A continuación celebrarase un relatorio orientado a analizar as relacións entre os profesionais da comunicación da empresa e dos medios, a cargo do xornalista Luis Fraga.
Para organizar o programa deste Foro, Expourense conta coa colaboración das facultades ligadas á Comunicación da Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago, o Clúster da Comunicación Gráfica de Galicia e asociacións como MARKEA (Asociación Galega de Mercadotecnia), DIRCOM Galicia (Asociación de Directivos de Comunicación de Galicia), Creatividade Galega e da Asociación Galega de deseñadores Gráficos. Tamén se conta co apoio da Consellería de Economía e Industria, a través do IGAPE e a Deputación Provincial de Ourense.
Este 4º Foro da Comunicación de Galicia clausurarase por primeira vez coa entrega de Premios da Comunicación e a Mercadotecnia de Galicia, promovidos polo Clúster da Comunicación Gráfica, do que se achegará información logo da xornada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?