Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: COFER e a Asociación de Empresas TIC de Ferrolterra achegan as PEME ás posibilidades dos dispositivos móbiles
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

COFER e a Asociación de Empresas TIC de Ferrolterra achegan as PEME ás posibilidades dos dispositivos móbiles

Redacción
Publicado: 03/11/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

computadora_usuario-2.jpgA Confederación de Empresarios de Ferrolterra, Eume e Ortegal (COFER), en colaboración coa Asociación local de Empresas TIC, veñen de impulsar un programa formativo para optimizar e fortalecer as competencias tecnolóxicas das firmas de Ferrol e contorna. Trátase, máis en detalle, de dous cursos dirixidos a ampliar os coñecementos e habilidades das empresas cara as TIC: un curso sobre ofimática e outro sobre manexo de dispositivos móbiles. Impartiranse nas instalacións da empresa Espacio Vivo.
O primeiro obradoiro está dirixido a emprazar aos asistentes nun “nivel medio” de manexo de ferramentas ofimáticas a través da plataforma de código aberto LibreOffice. O segundo diríxese a axudar a profesionais e PEME a tirar o máximo proveito das moitas funcionalidades do móbil para o ámbito empresarial. O curso de ofimática desenvolverase os mércores e venres de 20.00 a 22.00 horas do 16 de novembro ao 2 de decembro e o formación sobre manexo do teléfono móbil impartirase os sábados de 10 a 13 horas, do 12 ao 26 de novembro.
As sesións, que se desenvolverán no centro de formación Espacio Vivo, serán de natureza práctica e encamiñados a conseguir que os participantes poidan extraer o máximo partido dos contidos. Con este fin, a organización recoméndalles que acudan coas súas propias computadoras portátiles, dispositivos intelixentes ou tabletas, “xa que así poderán pór en práctica contidos que se lles expliquen no transcurso das sesións”. Os interesados poden inscribirse na conta de correo cofer@cofernet.com ou a través do teléfono 981 33 33 22. O número de prazas é limitado e adxudicaranse por “rigorosa orde de inscrición”, tendo preferencia as empresas integradas en COFER.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?