Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica e Everis impulsan tecnoloxías para xerar información de valor dende o espazo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica e Everis impulsan tecnoloxías para xerar información de valor dende o espazo

Redacción
Publicado: 03/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

telefonica_satlantis_aparello.jpgOs avances para emprazar recursos de seguimento no espazo que nos permitan (paradoxalmente) coñecer mellor a Terra (coñecernos mellor a nós mesmos) veñen de recibir un importante pulo da man de Everis e o Grupo Telefónica (a través da plataforma de crowdworking Telefónica Open Future, da que forma parte a palestra de proxectos innovadores do monte Gaiás en Compostela, Galicia Open Future). Máis polo miúdo, ámbalas compañías (xunto con IDOM, Orza, Axis-Ico, o Goberno de Euskadi e a Deputación de Bizkaia) anunciaron onte que achegarán un investimento de 2,3 millóns de euros para impulsar o lanzamento de Satlantis. Esta firma innovadora con sede en Bilbao ten o obxectivo de desenvolver tecnoloxías para ofrecer produtos e solucións de información inxente (Big Data) xerados dende alén da nosa bóveda celeste. Con esta ampliación de capital a empresa poderá emprazar no espazo as súas avanzadas cámaras de observación da Terra.
Entre as principais achegas de Satlantis atópase, por certo, a tecnoloxía iSIM, unha óptica de imaxe de alta precisión con fotografías “submétricas” para satélites que orbitan a 500 quilómetros de distancia. Segundo informou onte Telefónica, “este reto tecnolóxico compite no mercado contra satélites valorados en centenares de millóns de euros de investimento, e dotados con cámaras de grandes dimensións”. Porén, engadiu a operadora, Satlantis ofrece pola contra “unha miniaturización da cámara ata os oito quilos de peso e un investimento moi inferior aos actuais prezos”. En palabras de Telefónica, “o peche desta rolda de investimento confirma o éxito do desenvolvemento tecnolóxico desta compañía nos seus dous anos de existencia, así como o acerto na selección de Bilbao como a súa sede mundial”.

Juan Tomas Hernani, CEO de Satlantis, e Rafael Guzmán, CTO de Satlantis
Juan Tomas Hernani, CEO de Satlantis, e Rafael Guzmán, CTO de Satlantis
Entre os eidos potenciais de actividade das tecnoloxías desenvolvidas pola firma vasca atópanse cousas como o rexistro e seguimento do territorio, o estudo da climatoloxía (cada vez máis importante fronte aos desastres provocados polo cambio climático, do que se espera atopar pautas que nos permitan estar mellor preparados para afrontalos), os fluxos migratorios ou a presenza de recursos pesqueiros. Isto polo que se refire ao traballo das institucións públicas, pero o abano de posibilidades amplíase en boa medida grazas á concorrencia das empresas. Moitas delas, de feito, levan anos procurando tecnoloxías accesibles que lles permitan protexer as súas infraestruturas, integrando esta información cos seus datos de terra.
Telefónica, que participa neste investimento por medio do seu programa de innovación aberta Telefónica Open Future, informou que “formar parte de Satlantis” representa “a oportunidade de ofrecer aos seus clientes o mundo do Big Data xerado desde o espazo”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?