Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A veciñanza de Celanova pide ao Concello unha app para acceder a toda a información municipal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A veciñanza de Celanova pide ao Concello unha app para acceder a toda a información municipal

Redacción
Publicado: 04/11/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_celanova_app.jpgA Aula CeMIT de Celanova vén de realizar unha enquisa, difundida polas redes sociais (Facebook e Twitter), na que se tira como conclusión o desexo de que un 98,9% dos veciños deste municipio apostan pola posta en marcha dunha aplicación móbil, Celanova Viva, de cara a unificar a información administrativa, cultural, deportiva e social do Concello de Celanova para achegala aos usuarios (residentes ou non no municipio) co único requisito de contaren cun teléfono con acceso á internet e con posibilidades de descargar aplicacións.
Grazas a esta app, os veciños de Celanova coñecerán de primeira man: as actividades locais, o turismo, as ofertas de comercio da zona, os lugares de lecer e outros servizos administrativos, culturais e deportivos de utilidade, feito que contribuirá a que se poida dinamizar a actividade social, cultural e económica do termo municipal.
Detrás desta iniciativa atópase a empresa de tecnoloxías da información Evelb, elixida polo Concello de Celanova para xestionar a axuda precisa por parte da Xunta de Galicia para poder poñela en marcha durante o ano 2017.
En canto a novidades, esta aplicación móbil salienta pola interacción entre comerciantes e clientes, facilitando a visualización dos produtos e permitindo que compradores e vendedores interactúen en tempo real. No sector da hostalería, poderanse publicar as propostas gastronómicas de balde, fomentando o turismo gastronómico, o comercio a distancia e promovendo a venda de produtos de Celanova a nivel autonómico.
A Aula CeMIT de Celanova, no marco do proxecto CeMIT-Innova, é unha iniciativa da AMTEGA para o fomento da Innovación Social Dixital en Galicia, e da que a aula CeMIT de Celanova forma parte como proxecto piloto.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?