Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ampla presenza de innovación TIC nas firmas impulsadas dende ViaGalicia Norte
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ampla presenza de innovación TIC nas firmas impulsadas dende ViaGalicia Norte

Redacción
Publicado: 07/11/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

viagalicia_lugo.jpgEsta fin de semana comezaron finalmente as sesións académicas de ViaGalicia Norte, edición 2016. Lévanse a cabo na sede da Fundación CEL Iniciativas por Lugo, impulsadas pola Zona Franca de Vigo, a Xunta e máis a propia entidade lucense. Nesta fase de “academia”, os promotores dos proxectos seleccionados participarán en sesións formativas, ata o mes de xaneiro, a través das que madurarán cadanseus modelos de negocio “na procura do éxito empresarial”. Tamén haberá titorías de tipo personalizado para impulsar a maduración das iniciativas. Nesta fase están a concorrer preto de dúas ducias de firmas innovadoras, boa parte delas pertencentes aos sectores máis avanzados das novas tecnoloxías da información.
As dúas primeiras sesións (as desta fin de semana) centráronse en cousas como Lean Startup ou Canvas e, en xeral, das diferentes metodoloxías actuais para converter en ideas en realidades empresariais. No marco das actividades inclúese un encontro vindeiro por Skype con José Antonio Borge, director executivo de datasurfhouse.com.
Segundo informa a Fundación CEL, nas vindeiras semanas haberá seminarios, obradoiros e sesións sobre comunicación e encontros con investidores, formación do equipo dunha startup, xestión de clientes ou captación dixital e presencial de usuarios.
Os proxectos que foron seleccionados e están a participar nesta fase de academia na sede norte (sita na Fundación CEL) son:
· 3edata Enxeñaría Ambiental. Empresa de base tecnolóxica que ofrece servizos de análises de información territorial obtida mediante avións pilotados de forma remota. Proxecto seleccionado na área aeroespacial, que se incorpora por primeira vez a ViaGalicia.
· Alén (Inspirational Clothing). Marca de moda feminina que utiliza tecidos 100% ecolóxicos (e rexenerados) mediante procesos de fabricación sustentables.
· Betopfit. Rede social para coidarse practicando deporte, facilitando rutinas para a consecución de obxectivos persoais e o contacto con “xente fit”.
· Cáñamo Galego. Proxecto alimentario de produtos innovadores baseados en cáñamo, dirixido ao crecente mercado de súper alimentos nacional e internacional.
· Cogomelo Games, Proxecto de lecer dixital para plataformas móbiles.
· Filament2print (F2P). Comercio electrónico especializado na venda de materiais para impresión 3D.
· FittingPUP. Plataforma web de cuantificación deportiva e de actividade física para mascotas.
· IntelligentChef. Plataforma que emprega robótica e dixitalización avanzada para automatizar e optimizar cociñas profesionais.
· Kekotukos. Firma orientada á creación de videoxogos educativos para dispositivos móbiles que se adaptan aos nenos e complementan o seu desenvolvemento.
· LoCoPLC (Low Cost Programmable Logic Controller). Proxecto para dar forma a un cartón alcanzable de automatización industrial que facilita a adaptación á Industria 4.0.
· LoopTronic. Habilitador dixital para optimizar os consumos enerxéticos e o mantemento das liñas de produción na industria 4.0.
· MAUmarela, aprendizaxe e creatividade. Servizos educativos innovadores elaborados desde distintas áreas profesionais dirixidos a familias e institucións.
· PetiteCandela. Iniciativa innovadora que integra tres proxectos: plataforma innovadora de comunidade e blogs; servizos de decoración online (aplicación móbil) e tenda dixital.
· Plan a Plan. Axenda de lecer social creada por e para individuos dun mesmo lugar que comparten intereses e afeccións.
· Prefapp. Plataforma dirixida a PEME que facilita o despregue de servizos de IT en provedores da nube, permitindo a itinerancia entre eles.
· Recovery Blood. Máquina que revaloriza o sangue das industrias cárnicas transformándoa en fariña de sangue. Emprega unha tecnoloxía nova baixo patente.
· Scipex. Sistema de fabricación industrial 4.0 de edificios formados por pezas arquitectónicas conectables, desconectables e reemprazables.
· Tolemias. Produción e distribución de contidos musicais en directo a través de subscrición sobre unha plataforma dixital propia.
· Wapping Rede Intelixente de Servizos Com. Plataforma tecnolóxica universal de servizos de mantemento no tempo de clientes e mercadotecnia comercial para calquera negocio, independentemente do seu tamaño.
· Wecoplan. Buscador de servizos de viaxe xestionados de forma responsable para persoas interesadas nun modo de vida saudable e sustentable.
· Youin. Ferramenta de xestión de eventos e venda de entradas.
Seguinte fase
Rematada a academia e xa metidos en 2017, dos 43 proxectos que entre Lugo e Vigo están nesta fase seleccionaranse os 18 que accederán á fase final de aceleración de ViaGalicia, que inclúe financiamento (ata 130.000 euros para os proxectos da sede norte) e apoio e seguimento durante varios meses.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?