Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O xornalismo dixital galego, polo miúdo este martes no Consello da Cultura
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O xornalismo dixital galego, polo miúdo este martes no Consello da Cultura

Redacción
Publicado: 07/11/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

iniciativas_culturais_galega_03.jpgEste martes 8 o Consello da Cultura Galega colle unha sesión de traballo colectivo sobre o potencial que achegan as TIC para o noso xornalismo cultural e, tamén, sobre os froitos que se están a dar arredor desta confluencia tecnoloxías-comunicación. A xornada Panorama de iniciativas culturais galegas na Rede tamén se encamiña, en palabras da organización, “a ofrecer unha visión actual destas iniciativas culturais na Rede, a coñecer os mecanismos que empregan para o seu funcionamento e a contextualizala no ámbito internacional”. Falarán representantes de Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Campo Galego, Teo Vivo, Que pasa na costa, Palabra Comum, A sega ou Gz Música.
A xornada comezará ás 09:45 horas cunha intervención de Joao Canavilhas, da Universidade da Beira Interior, quen tratará o Ecosistema mediático: a cultura na sociedade líquida e Hakan Casares, que tecerá o mapa dalgunhas iniciativas culurais galegas na rede.
A continuación, e logo das panorámicas internacionais e galega, serán os responsables das iniciativas quen acheguen as súas experiencias. Así, estarán presentes David Lombao (Praza Pública), Xurxo Salgado (Galicia Confidencial), Rocío Castro (Sermos Galiza), David González (Campo galego), Ana Conde (Teovivo), Ubaldo Cerqueiro (Que pasa na costa), Alfredo Ferreiro (Palavra Comum), Lara Rozados (A sega) e Daniel Lavesedo (GZ Música).
Nas últimas dúas sesións da tarde, Alberto Marinelli (Universitario da Sapienza de Roma) e Andreu Casero Ripollés, da Universitat Jaume I de Castellón falarán de televisión e cultura nos tempos de Internet, do “quinto poder na Rede” e de “novas estratexias e novos territorios na era 2.0”.
A xornada será retransmitida en directo a través do web consellodaculturagalega.gal e as mesas de traballo ficarán gravadas na mediateca da institución a disposición dos usuarios.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?