A Deputación da Coruña organiza o vindeiro mércores, 9 de novembro, no Pazo de Mariñán (Bergondo), unha xornada de fomento da cultura emprendedora de alcance provincial. Esta sesión, encamiñada a emprendedoras e emprendedores potenciais que desexen ampliar formación e recursos sobre como converter ideas innovadoras en realidades de mercado, centrarase en “cuestións relevantes para desenvolver con éxito unha nova iniciativa empresarial”, sinala a Deputación.
Cuestións como por exemplo o deseño dun plan de empresa e dun plan financeiro, as axudas existentes ou os aspectos de liderado, intelixencia emocional e xestión de equipos humanos. Ademais, haberá un sesión de networking co presidente provincial (Valentín González Formoso) e un achegamento ás redes sociais.
Máis en detalle, as xornadas amosarán polo miúdo como dar forma a grupos de Whatsapp e LindedIn, incidindo nas principais vantaxes desta comunidades-servizos dixitais e, tamén, adestrando aos asistentes na descarga en tempo real de información (dispoñendo as diferentes charlas con códigos QR para a súa descarga a través de teléfonos móbiles).
Os especialistas que participarán no foro son José Luís Cabarcos, director xeral de CEO Solutions, María del Carmén García, economista, axente de emprego e xerente de AJE Galicia, Fernando Soto, mentor de Negocio da Youth Business Spain (Fundación Ronsel), José Manuel Barco, sociólogo e responsable da Axencia de Colocación da Confederación de Empresarios da Coruña ata 2016, e Xurxo Arias, responsable de Recursos Humanos de Denso España, S.A. O evento desenvolverase no Pazo de Mariñán, en horario de mañá, entre as 9:15 a 14:00 horas. Haberá unha pequena parte teórica, pero a metodoloxía será maioritariamente práctica.
A Deputación da Coruña amosa as vantaxes das redes sociais para o emprendemento
Compartir Este Artigo

