Onte anunciaba o Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) a estrea dunha nova aplicación na nube dentro do CDTIC Virtual, que xa esta á disposición das empresas e as entidades do terceiro sector para a súa proba e avaliación. Estamos a falar de Alfresco, unha plataforma de código aberto encamiñada á xestión documental empresarial, líder do mercado en software libre.
Indo á ferramenta, dicir que conta cunha solución de xestión documental que automatiza a captura, a xestión, o almacenamento e a preservación de contidos e documentos dixitais nos procesos da organización, todo isto a través dun navegador web e unha interface sinxela.
As solicitudes de acceso ao CDTIC Virtual para probar de balde Alfresco realízanse a través da páxina web do CDTIC. Únese así a outros servizos dispoñibles para a súa avaliación xa publicados como son: Owncloud, Xeshostal, Odoo, CiviCRM ou Prestashop.
Informar que o CDTIC organiza mañá, 10 de novembro, unha sesión demostradora gratuíta que leva por título A xestión documental nas PEME con Alfresco, terá lugar nas súas instalacións de 17 a 19 horas e aínda fican prazas libres para asistir.
Nesta actividade explicarase en que consiste a xestión documental e as súas vantaxes, axudarase a a identificar os procesos da compañía nos que pode resultar útil o seu uso. Asemade, realizarase unha demostración práctica de Alfresco e amosaranse casos de éxito da súa utilización.
Esta sesión está destinada a directores ou responsables de departamentos TIC e de administración nas PEME (Pequenas e Medianas Empresas). A consultora Queres Tecnoloxías, especializada en xestión documental, será a encargada desta demostración.
O CDTIC complementa con Alfresco a súa achega de ferramentas de xestión
Compartir Este Artigo

