Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Clúster TIC Galicia convoca nova edición dos seus galardóns
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Clúster TIC Galicia convoca nova edición dos seus galardóns

Redacción
Publicado: 09/11/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cluster_tic_premios.jpgO Clúster TIC Galicia vén de convocar novamente os seus galardóns, uns recoñecementos destinados a visualizar, impulsar e distinguir o labor de “todos os axentes comprometidos co desenvolvemento do tecido produtivo baseado na Sociedade da Información”. En palabras dos responsables da plataforma, os Premios Clúster TIC Galicia “poñen de relevo ante a sociedade o traballo das empresas, profesionais ou entidades que deseñan, programan, desenvolven, implantan ou usan produtos ou servizos galegos que teñen na innovación e no uso das novas tecnoloxías a súa razón de ser”. As distincións artéllanse nas seguintes categorías: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-ups e Software Libre. Ás devanditas úneselles unha modalidade nova: a de Márketing Dixital.
O requisito fundamental para aspirar a estes premios é que a candidatura veña da man dunha empresa que realice proxectos no eido das novas Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), “ben sexa como provedora ou como entidade usuaria de produtos e servizos TIC galegos”. O Clúster, para elixir as entidades finalmente premiadas, dará forma a un comité avaliador experto. Os nomes das gañadoras daranse a coñecer na gala de entrega de premios, logo da votación do xurado e de que se publique unha listaxe con tres finalistas por categoría. Por seren galardóns de honra que distinguen a calidade, os premios non comportan dotación económica, pero tanto os gañadores como os finalistas recibirán trofeos representativos e exclusivos.
Os interesados en presentar unha candidatura deberán facelo de maneira exclusiva a través da web www.clustertic.gal, cubrindo o formulario en liña e axuntando a documentación que consideren oportuna. O prazo remata o vindeiro domingo 20 de novembro ás 23.59 horas.
Anterior edición
As entidades Avansig (Innovación), Quobis (Internacionalización), Altia (Liderado TIC), Brookesia Design and Technologies (Start-ups) e Igalia (Software Libre) foron as gañadoras dos Premios Clúster TIC Galicia 2015. Os representantes das cinco devanditas empresas recolleron os seus galardóns nunha gala que se desenvolveu o 29 de outubro de 2015 no marco do evento LibreCon, na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. Segundo lembra o Clúster, as iniciativas distinguidas abranguían iniciativas de internacionalización e desenvolvementos tecnolóxicos nos eidos dos drons, as aplicacións móbiles para vehículos, os trebellos multifunción e as plataformas para set-top-boxes de operadoras. Dun total de 34 candidaturas presentadas, o comité avaliador experto seleccionou 15 finalistas, tres por cada unha das categorías desa primeira edición: Innovación, Internacionalización, Liderado TIC, Start-up e Software Libre.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?