Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Escolas nas Ondas impulsará o uso das radios dixitais no ámbito educativo galego-luso
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Escolas nas Ondas impulsará o uso das radios dixitais no ámbito educativo galego-luso

Redacción
Publicado: 10/11/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

podcast_facendo.jpgA asociación Ponte nas ondas! está a impulsar nos centros escolares a formación avanzada en radio dixital, amais dun portal que sexa o alicerce divulgativo dos centros con vertente comunicativa a través destas canles. A iniciativa Escolas nas Ondas ten ademais o obxectivo de ligar as nosas radios dixitais escolares coa comunidade galego-portuguesa internacional, o que se coñece como lusofonía. Segundo puidemos saber, a intención é abranguer 34 centros de ámbalas beiras da raia. As rapazas e rapaces terán oportunidade de iniciarse no xornalismo radiofónico e nas ferramentas tecnolóxicas que o fan posible na actualidade.
Máis en detalle, haberá obradoiros de formación arredor de podcasts e de metodoloxías para difundir estes arquivos nas redes. Tamén se impartirán contidos sobre (por exemplo) as utilidades da nube, o potencial das redes sociais para distribuír e espallar contidos ou como subir á Rede un podcast ou un audioblog. En total, serán 34 accións formativas.
O portal será dado a coñecer no mes de febreiro, coincidindo co Día Mundial da Radio. A asociación Ponte nas ondas!, en colaboración coa Consellería de Cultura e Educación, será a encargada de desenvolver estes obradoiros. Máis en detalle, a comezos de 2017 arrincará o segundo curso de formación para profesorado sobre a creación de podcasts e a posta en marcha de radios dixitais. Este curso será impartido por un profesional da radio a través de Internet.
Os obxectivos que se perseguen, sinalan dende Ponte nas ondas!, son fundamentalmente “o fomento de radios dixitais realizadas polo alumnado e a integración en plataformas sociais de comunicación para a difusión dos contidos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?