Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Máis de 400 maiores concorreron nos cursos de InLugo no cuarto trimestre de 2016
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Máis de 400 maiores concorreron nos cursos de InLugo no cuarto trimestre de 2016

Redacción
Publicado: 10/11/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

deputacion_lugo_inlugo_maiores.jpgA Deputación de Lugo vén de facer reconto da cifra de asistentes ás actividades desenvolvidas ao longo deste cuarto trimestre ao abeiro da iniciativa InLugo. Segundo fai saber a entidade provincial, máis de 400 maiores de toda a provincia participaron nas distintas accións encamiñadas a introducir ás persoas da idade nas moitas utilidades e funcionalidades (e recursos saudables) das tecnoloxías da información. Estas novas cifras de seguimento de InLugo, programa xestionado pola Fundación TIC da Deputación, foron dadas a coñecer polo vicepresidente da Deputación, Álvaro Santos, que visitou os días pasados un dos cursos gratuítos que se imparten na sede da Fundación, en concreto, o titulado: Escribe no ordenador empregando un editor de texto. Como o seu nome indica, trátase dun obradoiro para introducir aos participantes (neste caso un total de 15) no manexo do teclado do computador e os aspectos máis básicos dos procesadores de texto.
“Con este curso de balde”, sinala a Deputación, “xa son 19 os cursos impartidos na sede de InLugo, dos 29 programados para os tres últimos meses do ano, nos que houbo máis de 200 participantes”. A entidade provincial tamén salientou que as prazas para os outros 10 “xa están cubertas desde o mesmo día que se abriu o prazo de inscrición”. De feito, “para as 354 prazas previstas houbo 575 inscricións en tan só seis horas”, engadiu.
AlimentaTIC
AlimentaTIC, o programa de obradoiros da Deputación que bota man das novas tecnoloxías para favorecer e impulsar hábitos alimenticios saudables entre os maiores da provincia, tivo no mes de outubro un amplo seguimento. De feito, no mes de outubro participaron arredor de 200 persoas nos cursos que houbo en Láncara, O Corgo, Guitiriz, A Pontenova e Trabada e na conferencia do especialista en nutrición, Manuel Antonio Botana. Lembrar que o luns 7 de novembro AlimentaTIC chegou a Burela, achegando un obradoiro sobre novas ferramentas dixitais e nutrición que contou coa presenza da deputada de Economía, Mayra García, e o alcalde da localidade mariñá, Alfredo Llano. Neste mes de novembro o programa de alimentación saudable tamén chegará a Paradela, Pol e Ourol.
Recordos a través do móbil
Por outra banda, a Deputación de Lugo tamén recordou na visita ao curso sobre procesadores de texto que no último trimestre de 2016 a Fundación TIC desprazarase por toda a provincia para impartir 15 obradoiros sobre o uso do móbil coa finalidade de gravar recordos dos lucenses participantes que formarán parte do arquivo Memoria Dixital Lugo. “Trátase”, sinalou a entidade provincial, “dun programa pioneiro na nosa provincia, especialmente dirixido aos maiores, pero aberto a todos os lucenses interesados en contar os seus testemuños”. Memoria Dixital Lugo (www.memoriadixitallugo.es) inclúe vídeos, audios, fotografías antigas e diversos documentos “que axudarán a coñecer mellor a historia recente da nosa provincia, especialmente a da primeira metade do século XX”. Todas estas actuacións desenvólvense no marco do programa de Promoción da Autonomía Persoal dos Maiores da Provincia, que xestiona a Fundación TIC a través dunha encomenda da Deputación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

apple_park_visitor_center_explore_03.jpg
Actualidade

OpenAI contrademanda a Apple

27/11/2026
Actualidade

As XVI Xornadas Achégate á Igualdade de Ames puxeron o foco na machosfera e nas plataformas dixitais

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?